Os nenos e as nenas de segundo volven ao estudio de radio para parolar un anaquiño e recordarnos que temos unhas fermosas palabras para falar deste tempo tan bonito que chega, a primavera!
Esperamos que vos guste!
Os nenos e as nenas de segundo volven ao estudio de radio para parolar un anaquiño e recordarnos que temos unhas fermosas palabras para falar deste tempo tan bonito que chega, a primavera!
Esperamos que vos guste!
Ola, aquí vos deixamos unha pequena mostra da saída que fixemos a clase de 1º á praia do Con, coas profes Elisa e Inés.
Foi unha xornada fantástica na que puidemos disfrutar do xogo ao aire libre con toda a praia para nós.
De volta puidemos visitar a clínica veterinaria onde curaron ao gatiño que atopamos no colexio. Tamén nos atopamos coa mascota de Naima.
Pasámolo fenomenal!
A clase de 1º visitamos hoxe, na biblioteca, a exposición "Mulleres pioneiras" realizada por todas as clases con motivo da celebración do 8M.
Puidemos ver entre elas á nosa alcaldesa e a unha astronauta, científica, unha muller piloto, unha deportista, unha matemática, informática, escritoras e mulleres dedicadas á música.
![]() |
Nesta sesión, os nenos e nenas aprenderon a programar movementos coa aplicación Scratch para os persoaxes creados e a visualizalos colocando a pirámide holográfica enriba.
Nesta nova edición do programa Decímosvolo nós! falamos sobre o entroido e o moito que nos gusta.
Esperamos que desfrutedes escoitando tanto coma nós desfrutamos gravando!
Neste fermoso e soleado día podemos darvos a noticia de que chega unha nova emisión do noso programa "Decímosvolo nós", nesta ocasión falaremos sobre todas as cousas que empregamos no cole para traballar.
Esperamos que vos guste!
Nesta sesión estivemos traballando a realidade aumentada co Merge Cube e coa aplicación Cospaces montando distintos percorridos polo espazo e, coas cartas que debuxamos colocadas polo circuito, resolviamos os distintos obstáculos que atopabamos cos superpoderes que nos daban as tarxetas que nos tocaron por grupos.
Pasámolo moi ben!