As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
Saúdos
Queridas familias: Como vedes estreamos blog. É unha nova aventura para nós os profes, coa que esperamos aprender moito. Tamén desexamos que deste xeito vos acheguedes un pouquiño máis ás aulas dos vosos fillos e fillas. Se vos decatades xa vos mostramos as normas que elaboramos entre todos nas aulas, algo que nos está axudando moito. Xa vos contarempos máis cousiñas dentro de pouco. Un saúdo.
Normas de clase
Ao entrar saudar.
Contámonos o doutro día en baixiño e con alegría.
Nas explicacións moita atención.
Mentres traballemos ben sentados estaremos.
Nos cambios de clase ao baño e a beber, silandeiramente como ten que ser.
A volta do recreo lemos libros e tebeos.
Ao final da mañá a clase queda ordenada antes de marchar.
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada
Deixa aquí os teus comentarios