18/11/2010

Carta de Paco para 2º curso

QUERIDOS AMIGOS E AMIGAS DE SEGUNDO:

Levo xa nove anos na biblioteca do voso cole e aínda non me ensinastes como é o pobo onde vivimos.

Este ano gustaríame coñecer un pouco máis de Moaña,onde está, como se chaman os seus ríos, as praias, as festas, en que traballan as súas xentes...

SABEDES QUE 2010 É O ANO INTERNACIONAL DA AUGA?


Gustaríame saber se en Moaña hai moitos ou poucos muíños,como se chaman, por onde están situados.
Podedes facerme un mapa,
para que eu os vexa?


Espero as vosas respostas!


Para buscar a información, na biblioteca escolar, ou na páxina de recursos:

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas