20 de dec. de 2013

Os Reis Magos visitan a aula de 2º

Hoxe os nenos e nenas de 2º tivemos a visita dos REIS MAGOS chegados de Oriente!

Tamén tivemos unha CHOCOLATADA con CHURROS, riquísimos!!!!!!!!!!! 


Incluso cantamos unha panxoliña!!!!!!!!!






video

19 de dec. de 2013

Recursos de Nadal en galego na rede


15 de dec. de 2013

1º recibe outra visita

O xoves 12 de decembro  a clase de 1º estaba traballando e alguén petou na porta. A profe foi ver quen era e encontrouse coa nai de Hugo que quería ensinarnos algo. Resulta que Hugo e a súa irmá teñen unha mascota moi especial: unha cría de iguana. De momento é moi pequena, pero pode medir máis dun metro de longo!!!! Hugo está moi contento coa súa mascota e estaba feliz de ensinala a toda a clase.



13 de dec. de 2013

2º tamén felicita o Nadal

O alumnado de 2º curso tamén realizou un bo traballo coas tarxetas de Nadal.

video

As tarxetas de Nadal de 1º curso.

Os nenos e nenas de primeiro curso fixeron unhas postais de Nadal moi fermosas para felicitar as festas a todos e todas. Aquí as temos.

video
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas