17/06/2015

A froita na escola

A clase de 2º participou co resto do colexio no programa " Aliméntate " e así tivemos de merenda distintas froitas ao longo de 4 semanas. Comemos mazás, amorodos, laranxas, plátanos, peras, melocotóns, peladillos, nísperos, cereixas e albaricoques. Ao final falamos da froita que máis gustou e foron os amorodos. Os nísperos e os albaricoques case ninguén as coñecía e, polo tanto, foron probadas por 1ª vez e gustaron. A maioría dos nenos e nenas probaron todas as froitas. Moi poucos quedaron sen probar algunha e houbo moitos que repetiron o que quixeron pois encántalles a froita.
Fixemos matemáticas para repartir os albaricoques, as cereixas e os peladillos. Tiñamos que averiguar por grupos a froita que tiñamos, cantos eramos e canto nos tocaba a cada un por igual e sen que sobrara. Despois, podiamos repetir porque algúns non comían toda a que lle tocaba e había un fondo de reserva. As repeticións facíamolas despois do recreo e repoñiamos forzas para seguir a clase. Tamén levamos conta das semanas desde o principio cubrindo unha folla cos datos que tiñamos. 










Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas