20/11/2015

Magosto

Ola a tod@s!
Hai case dúas semanas que celebramos o magosto no cole.
Pasámolo moi ben xogando e comendo castañas!!
Aquí vos deixamos algunhas fotos.








12/11/2015

2º recibe a visita de David

O martes recibimos a visita de David, o pai de Naiara.

Cómo o luns celebramos o Magosto, él aproveitou a contarnos como antigamente as castañas se empregaban moito máis nas comidas. O que agora se cociña con patacas, antes facíase con castañas e falounos de como a pataca chegou de América.

Contounos unha morea de historias: díxonos que o pau que golpea o gran no muíño se chama cacarexo!; de ónde ven a palabra  muiñeira e incluso fixemos o ritmo da muiñeira coas mans...

Moitas grazas David pola túa visita!



06/11/2015

Practicando co trompo en 2º

Achégase o San Martiño, así que..... a practicar xogos populares!






03/11/2015

Días de festa e medo

Nos últimos días de Outubro estivemos preparando as nosas terroríficas arañas e gozando das preciosas e horripilantes cabazas que decoramos e trouxemos das nosas casas para celebrar o Samaín. 
Tivemos moitos sustos eses días...













Preparamos e plantamos bulbos

Neste pasado mes de outubro os nenos e nenas de primeiro curso estivemos preparando e plantando os nosos bulbos para que, con un pouco de sorte e coidados, poidamos ter unhas fermosas flores para a primavera.
Antes demos un paseo polo noso cole para coñecer as nosas plantas e as súas características.



1º aprende a xogar ao pano

Como xa se achega o San Martiño, en 1º estamos facendo algo de xogos populares. O xogo do pano pareceunos moi divertido!





Un circuito en 2º

O alumnado de 2º curso fixo un circuito en Educación Física dos que facían cando estaban en Infantil, pero este era máis complicado, porque xa somos maiores!






As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas