9 de maio de 2016

2º curso e Meteoquintela

Bos días familias,
esta semana tócanos a nós achegarnos á estación meteorolóxica para a recollida de datos.
O mércores, xoves e venres iremos en grupos de cinco acompañados dun adulto.
Hoxe achegámonos todos para atender ás explicacións que nos deron dous compañeiros de 6º.
Puidemos ver como se recollen as temperaturas máxima, mínima, media; a cantidade de auga no pluviómetro; o orballo e o estado do ceo.
Tamén nos achegamos á entrada do colexio para apuntar os datos recollidos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas