13 de xuño de 2016

Excursión ao río Barosa

O pasado xoves tivemos a sorte de visitar todo o colexio o Parque natural do río Barosa no concello de Barro.
Ao longo dese día fixemos diferentes actividades. Primeiro coñecimos o funcionamento dun  muíño e descubrimos que a orixe do ritmo das nosas muiñeiras está no ruido que fan as pedras do muíño ao traballar. Comentáronnos que ese ruído coñécese co nome de "petapouco".
 Despoís observamos como é un forno de leña antigo e os distintos tipos de semente que hai para facer fariña.
Tras un rato de descanso e a merendiña da mañá participamos nun taller de amasado de pan no que o pasamos fenomenal.
Máis tarde comimos á sombra das árbores e logo de descansar un anaco, pasamos a tarde con xogos.
Foi unha excursión divertidísima !!

                 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas