29 de nov. de 2018

ADIVIÑAS DE OUTONO CO ESCORNABOT EN 1º E 2º DE PRIMARIA

Os nenos e nenas de 1º e 2º curso aprenderon adiviñas relacionadas co outono e, aproveitando os escornabots, fixemos un xogo coas mesmas. Dividimos a clase en 
4 equipos e, cada dous equipos, un taboleiro no que aparecían as solucións ás adiviñas que cada equipo tiña en tarxetas que utilizaban para preguntar aos contrarios. Se acertaban a resposta levando o robot ao sitio correcto, conseguían un Pacopunto. Pasámolo moi ben!!!

Aquí podedes ver as dúas plantillas, as adiviñas, e a explicación detallada do xogo (facendo clik nas palabras plantillas, dúas, adiviñas e explicación).

Tamén deixamos a imaxe do Pacopunto e un vídeo resumo de como fixemos a actividade.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas