13 de maio de 2021

As familias contan en 1º

 As nosas  contacontos:


Raquel, a mamá de Ana
              
              Susana, a mamá de Daniela

Alexandra, a mamá de Hugo e Noel

Raquel contou o conto "El abejoso"
É moi complicado ser un oso e resistirse a un rico panal de mel. Aínda así é máis importante a vida na escola das abellas e defendelas de maiores perigos.

Tamén contou o conto "Voy a comedte" a historia dun lobito, tan feroz, que termina facéndose vexetariano,

Susana contou o conto "A bella na botella" que fala do malo que é non ser unha persoa agradecida e querer sempre máis e máis.


E "La montaña de libros más alta del mundo" Un neno soñaba con voar e que mellor maneira de facelo que abrindo as páxinas dun libro! A súa nai animouno a facelo e xa non foi quen de parar.

Alexandra descubriunos a auténtica historia do "Ratiño Pérez" Por que se leva os nosos dentes?

E tamén "El otoño del árbol cascarrabias" Pobre árbore, soa na metade dunha ruidosa cidade onde antes había unha fermosa arboreda. Pero a esperanza é o último que debe perderse pois sempre hai alguén para quen eres importante .   


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas