20 de xuño de 2025

Unha medalla para Kathy

 A clase de primeiro quixemos agradecer a profe Kathy o traballo que realizou na olimpiada. Deseñamos en papel unha medalla para a que tivemos que tomar diferentes medidas e cálculos. De todos os deseños, botamos cal nos gustaba máis para levar á impresora 3D. Deseñamos o modelo, imprimímolo, pintámolo e puxémoslle unha cinta para regalarlla a Kathy.

Quedou encantada!






19 de xuño de 2025

INVESTIGACIÓNS DE 2ºP

 O alumnado de 2ºP, segue a investigar sobre moitos temas distintos. Nesta ocasión, Óscar e Noel, explicaron aos compañeiros/as do colexio, o que aprederon sobre dinosaurios.



CONTACONTOS DE 2ºP

 O alumnado de 2ºP, foron os protagonistas de novo esta semana, xa que fixeron varios contacontos polas aulas do colexio. O luns visitaron a aula de 5ºI, Alicia, Laia, Iliana e Asier, para contar dous contos os pequenos do colexio.

NORABOA!!! QUE BEN O FIXERON!!!



Investigando sobre o teatro

Durante este curso traballamos todo o colexio co teatro sen parar. Ao alumnado de 2º de EP tocounos investigar sobre os oficios do teatro e aquí tendes o resultado da nosa investigación. ARRIBA o TEATRO!


Teatro "O GATO LAMBÓN"

 Este ano o alumnado de 2º fixo unha obra de teatro a partir do conto de "O gato lambón" de Patacrua e Oliveiro Dumas publicado por Kalandraka.

O alumnado fixo de artistas plásticos, diseñadores, autores, adaptadores, periodistas, directores, actores e actrices e moito máis nestes videos poderedes ve run pouquiño do making off do seu traballo e a gran actuación destes fantásticos actores e actrices!



GRAN ESTREA MUNDIAL!!!

Traballando a competencia matemática en 2º EP

 Neste ano atopamos que "as mates" están por todas partes, nos retos, no patio, na natureza... no noso día a día dámonos conta de que a competencia matemática é imprescindible.

Neste vídeo deixámosvos un anaquiño dalgunhas imaxes do noso traballo.

Aínda que dos traballos máis intensos e interesantes que fixemos non nos lembramos de sacar fotos pois estábamos demasiado concentrad@s neles.

Agardamos que disfrutedes dos nosos descubrimentos.



13 de xuño de 2025

Convivencia en Castrelos

 A pesar de que o tempo non nos acompañou nalgún que outro intre, a xornada de convivencia en Castrelos foi moi amena e divertida.











12 de xuño de 2025

Impresión 3D na aula de segundo

 Os nenos e nenas de 2º estamos encantados coa impresión 3D. Logo de facer unhas fermosas flores para agasallar aos nosos padriños e madriñas lectores polo Día da Poesía, deseñamos (primeiro nas pizarras e logo no programa Doodle 3D) e imprimimos unha figura para levar a casa.

Quedaron cousas moi fermosas.


11 de xuño de 2025

CONTACONTOS

Hoxe, as bolboretas, disfrutamos dunha sesión de contacontos moi especial a cargo do alumnado de 2ºP. Marco contounos o conto de "Escuela de montruos", Inés e Mara, o conto de "Globo rojo" e Brahian e Gabriel, contaron o conto de "Alex".
Esta é unha actividade, "Conta que che conto", onde o alumnado conta contos para os compañeiros e compañeiras do colexio. 

PARABÉNS!!!


 

6 de xuño de 2025

As familias contan




Theo e a súa mamá.

 

Emanuela e o seu papá.

5 de xuño de 2025

Festival das Letras Galegas

Agora si, agora xa podedes volver desfrutar das marabillosas actuacións do alumando de primeiro e segundo o día do Festival das Letras Galegas.

Saída á praza de abastos

O pasado martes, o alumnado de 1º de Primaria viviu unha experiencia moi especial: fixemos unha saída didáctica á praza de abastos da nosa localidade. E... que ben o pasamos!

Acompañados polo profesorado, comezamos a xornada camiñando xuntos, observando con atención todo o que nos rodeaba. 

Tivemos a sorte de ver de preto unha gran variedade de peixes: douradas, sardiñas, unha estrela de mar, e mesmo unha centola! Aprendemos os seus nomes e as súas características. Tamén descubrimos algúns aparellos de pesca, como as nasas, e falamos da importancia do mar para a nosa comunidade.

Nos postos de froita e verdura puidemos identificar moitos alimentos que xa coñeciamos e outros novos. Observamos as cores, as texturas e aproveitamos para falar da alimentación saudable.

E, por suposto, despois de tanta emoción, rematamos a mañá xogando no parque.

Foi unha xornada moi enriquecedora, na que aprendemos moito sobre a nosa contorna máis próxima dunha maneira vivencial e divertida.

🎥 Deixámosvos un vídeo resumo con algúns dos mellores momentos desta saída. Agardamos que vos guste tanto coma a nós!


 

4 de xuño de 2025

Que zona de Moaña prefires?

 O alumnado de 2° de primaria fixo unha enquisa a todo a alumnado do centro na que preguntaban que lugar de Moaña era o seu favorito entre as opcións que lles daban que eran: a pista do Casal, a Xunqueira, o Loft, a piscina municipal, o porto e a pista de atletismo.

E aquí o resultado recollido nun diagrama de barras.








As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas