30 de mar. de 2012

Lecturas ao sol

Hoxe a profe María levou aos nenos e nenas de 1º ao patio na hora de ler.
Que maravilla velos disfrutar da lectura todos xuntiños! Haberá que facelo mais veces!!


24 de mar. de 2012

Breixo nos fala dos patos

Seguimos coas exposicións orais. Agora Breixo, que nos falas dos patos, utilizando un dos seus contos favoritos para ensinarnos cousas:

22 de mar. de 2012

Con Izan aprendemos cousas dos ornitorrincos

Na clase de primeiro estamos aprendendo cousas dos animais.
Cada día tócalle a un contarnos cousas do animal elexido.
Mirade que ben o facemos!!!

20 de mar. de 2012

Maxia na biblioteca

Hoxe tivemos na biblioteca a Manuel Solla, que nos ensinou a maxia dos contos...Os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º disfrutaron moito.

A pombiña branca quería ir á escola...

16 de mar. de 2012

Máis pintura


Jackson Pollok era un pintor americano que utilizaba a técnica do dripping.
 O dripping consiste en deixar chorrear ou gotear a pintura dende un recipiente cun burato no fondo, ou con unha espátula.
Aquí tedes un xogo para facer o voso cadro.
Basta poñer o dedo enriba do encerado dixital e desprazalo. Cada vez que pulses irá aparecendo unha cor diferente.
Para practicar a pantalla completa:

Despois practicade nos ordenadores, poñendo o cursor enriba.





E aquí tedes máis sobre o tema,vía ANB.

12 de mar. de 2012

Atando amallós

Este fin de semana os nenos e nenas de primeiro aprenderon a atar amallós coa axuda dos seus pais
Antes prepararon uns zapatos moi chulos,..
Aquí tedes as fotos facendo a demostración do ben que o fan,..
Os fotógrafos foron Nacho, Izan, Juan e Hugo Calo. A que o fan moi ben?
 

8 de mar. de 2012

Aprendendo cousas de ...Holanda

Nestes dias na clase de segundo estamos aprendendo moitas cousas sobre un pais de Europa que se chama Holanda
.Limos a lenda de Hans o neno do dique, coñecimos a un pintor chamado Van Gogh e fixemos debuxos dos seus cadros e plantamos tulipáns que son as flores típicas do pais.

3 de mar. de 2012

Stelaluna, conto do mes de febreiro

Dende que empezou o curso, os nenos e nenas de primeiro escollen o conto favorito de cada mes entre os que lle conta a profesora.
 Despois de unha reñida votación, saiu elixido conto do mes de febreiro "Stelaluna" de Jannell Cannon de Editorial Juventud.
A novidade é que este conto contoullo Lorena aos seus compañeiros na hora de biblioteca.
Os seus motivos para escollelo:
  • Porque era bonito ver como se encontraba coa sua mamá.
  • Porque lle ensinou aos paxariños a colgarse boca abaixo.
  • Porque cando Stelaluna se colgaba da árbore cos dedos estaba moi simpático.
  • Porque era precioso e gracioso.

  O conto finalista foi:



“O soño do osiño rosa”  
Roberto Aliaga & Helga Bansch. de OQO Editora 

Estes son os argumentos dos nenos e nenas:
  • Porque me gustan os soños dos animais.
  • Porque os debuxos eran moi bonitos.
  • Porque ao final o soño era soñar.


CLICA NA IMAXE PARA XOGAR CO OSIÑO
(LIM de Tatiana Rivero)

2 de mar. de 2012

29 de feb. de 2012

Para Patricia

Os nenos e nenas de 2º tamén prepararon uns debuxos para a profe Patricia, cos seus disfraces de Entroido:

16 de feb. de 2012

Para Patricia

Os nenos e nenas de Primeiro fixeronlle un libro de agasallo para a profe Patricia:

15 de feb. de 2012

O amor en primeiro

Os nenos e nenas de primeiro escribiron as súas cartas de amor:
 
Posted by Picasa

12 de feb. de 2012

Contamos contos

Como cada semana na clase de primeiro, un dos nenos contalles un conto aos seus compañeiros.

Esta vez foi Juan, quen preparou para a ocasión o conto de Bob Esponja.
Fíxonos unha lectura pausada, vocalizando e entoando moi ben.Todos estivemos moi atentos!

9 de feb. de 2012

Debuxamos na rede

Queredes colorear co ordenador? Entra na imaxe, vaivos gustar:

Xoga no Entroido

Preto estamos do entroido, buscade un disfrace que vos guste!



Tamén podedes elixir a cara que queredes levar co voso disfrace.


3 de feb. de 2012

Libro e poema do mes de Xaneiro

 O conto elixido na clase de Primeiro como o mais bonito do mes de Xaneiro
 foi "Lola la loba", editado por Sm.


Gustoulles porque é unha historia de amizade e integración.
A poesía de Xaneiro foi a canción de Juanes "Paz, paz, paz"
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas