Hoxe estivemos a practicar o baile da canción de Chayanne Madre tierra. É moi divertida!
19 de feb. de 2019
A MAXIA DOS DEBUXOS NA AULA DE 1º
Os nenos e nenas de 1º estiveron pintando debuxos variados aos que logo aplicaron maxia cos Ipad. A aplicación que empregaron chámase Quivervision, que permite ver os mesmos en realidade aumentada. Quedaron encantados!
18 de feb. de 2019
Superheroes
Esta é a canción dos Superheroes de María Fumaça que bailaremos no entroido. Mirade que ben nos sae! Tod@s a bailar!
15 de feb. de 2019
Desexos de paz do alumnado de 1°
Os nenos e nenas de 1° puxeron voz aos seus debuxos e desexos de paz. Quedaron moi ben!
10 de feb. de 2019
8 de feb. de 2019
Os carteiros no cole!
Recuperamos unhas fotografías de antes do nadal, cando nos visitaron os carteiros. Ese día aprendemos moitas cousas.
Os pes de foto foron postos polos nenos e nenas.
Candela e David cos carteiros.
André M e Paula Chaves dándolles as cartas aos carteiros.
Brais M. e Xián van darlles as cartas.
Lara e Pedro dándolles as cartas aos carteiros.
Ainara e Iker estan dándolles as cartas aos carteiros.
Sabela e Mario estan entregando as cartas aos carteiros.
Pablo e Leire entregan as cartas aos carteiros.
Brais e Diogo cos carteiros.
Claudia esta collendo o regalo dos carteiros e Mar esta dándolle a tarxeta.
Andrés está collendo o premio e André entrega a carta.
Etiquetas:
2º de Primaria,
Competencia lingüística,
Curso 2018-2019
5 de feb. de 2019
Campás pola paz
Os nenos e as nenas de segundo curso fomos cantarlles aos nosos compañeiros e compañeiras esta fermosa canción onde empregamos a lingua galega e máis a lingua de signos.
Esperamos que vos guste!
ThinkLink en 2º
Os nenos e as nenas de segundo estivemos investigando e aprendendo sobre as avespas. Esta é algunha da información que recollemos.
Para iso empregamos a aplicación thinglink.
As avespas
Para iso empregamos a aplicación thinglink.
As avespas
31 de xan. de 2019
Poema da Paz
Para celebrar o Día da Paz as nenas e nenos de 1º preparamos un poema de Xosé Lois García que se titula "O neno e o Xabarín". Quixemos compartilo coa clase dos canciños e este é o resultado. Agardamos que vos guste moito.
Etiquetas:
1º de Primaria,
Celebracións: A Paz,
Competencia lingüística
30 de xan. de 2019
Stop motion pola paz
As crianzas de segundo curso pensamos unhas fermosas mensaxes de paz que decoramos coa técnica do stop motion.
Esperamos que vos gusten!
feito polo equipo guepardo
feito polo equipo guacamayo
Feito polo equipo galleta
feito polo equipo gominola unicornio pro
Feito por o equipo guitarra
21 de xan. de 2019
ESCORNABOT PARA APRENDER OS ÓSOS DO CORPRO HUMANO EN 1º CURSO
O alumnado de 1º curso estivo traballando sobre o esqueleto humano na aula. Para rematar co tema, fixemos unha actividade co escornabot.
Facendo click na palabra PLANTILLAS, accederedes a todo o material que empregamos, así como tamén á explicación de cómo xogar. Foi moi divertido e aprenderon moito.
Deixamos un video resumo do día do xogo.
21 de dec. de 2018
AS POSTAIS NAVIDEÑAS DE 1º E 2º CURSO
Os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria deséxanvos unhas boas festas.
RIMAS NAVIDEÑAS NA AULA DE 1º CURSO
Aquí deixamos unhas rimas navideñas feitas polos nenos e nenas de 1º. Quedáronlles moi ben!!
19 de dec. de 2018
Rimas de Nadal en 1º
Esta semana traballamos as rimas na clase de 1º e decidimos dedicarnos unhas moi fermosas para este Nadal.
Aquí vos deixamos un traballo plástico para que vexades que ben quedaron
Aquí vos deixamos un traballo plástico para que vexades que ben quedaron
7 de dec. de 2018
OS NENOS E NENAS DE 1º GRAVAN AS SÚAS ADIVIÑAS DE OUTONO
Logo de traballar as adiviñas na aula e facer o xogo do escornabot, os nenos e nenas de 1º gravaron as mesmas co programa Chatterkid.
Quedaron moi ben!!!
1 de dec. de 2018
Adiviñas de outono
Na clase de 1º gústannos moito as adiñas e aprendemos moitas sobre o outono.
Fixemos este mural e mirade que ben nos quedou!!!
Fixemos este mural e mirade que ben nos quedou!!!
Madriñas e padriños de lectura en 1º
Esta semana na clase de 1º recibimos a visita dos padriños e madriñas lectores da clase de 6º. Gozamos moito escoitando os contos que escollemos e agardámolos todos os martes na hora de lectura.
XOGOS POPULARES. BOLOS
O alumnado de 1º e 2º curso están traballando Xogos Populares e Tradicionais en Educación Física. Aprendemos a xogar aos bolos. Gustounos moito!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas