Para variar, desta vez foi un avó o que visitou a nosa aula.
A lectura escollida foi O pequeno Hiawatha.
Moitísimas grazas por vir a compartir este conto con nós!
Para variar, desta vez foi un avó o que visitou a nosa aula.
A lectura escollida foi O pequeno Hiawatha.
Os nenos e nenas de 1º e 2º estivemos investigando sobre a identidade dunha pintora famosa nada en México e que foi unha gran defensora dos dereitos da muller. O asistente de Google axudounos na tarefa e logo de descubrir de quen se trataba (Frida Kahlo), escaneamos un código QR e visitamos o seu museo virtualmente.
Gustounos moito!
As nosas contacontos:
Para rematar a semana, viu a mamá de Iago a contarnos uns contiños marabillosos, Orellas de Mariposa.
Fantástica elección!
Moitas grazas pola túa visita
Aquí temos ás nosas contacontos:
Esta semana, traballamos a comprensión da clasificación e a súa relación coa intelixencia artificial. Empregamos cartas de xogo de extraterrestres que clasificamos nas mesas e tamén traballamos coa aplicación Padlet, que permite clasificar nas tablets.
Estivo moi entretida!
A clase de segundo de primaria, onte, recibiu a visita do papá de Lucas, Moisés, que viu a contarnos uns contos.
Estábamos moi concentrados e concentradas escoitando pois eran moi fermosos. Pasamos un anaquiño moi agradable.
Onte, a clase de segundo recibiu a visita de Xose, o papá de Lois. Era unha visita moi agardada, pois encántanos que as familias se acheguen a compartir un momentiño de lectura con nós.
Con motivo do día da muller as clases de 1º e 2º, recibimos o xoves unha visita moi especial. A nosa veciña e profe de taekwondo Noe viu falarnos da súa profesión e da súa traxectoria. Foi moi interesante!
Aquí vos dedicamos unha mostra do atentos e atentas que estabamos:
Ola, as todas e todos.
Estas son as persoas que pasaron últimamente pola nosa clase:
Seguindo coa celebración, a mamá de Valeria, Olga, tamén viu coñecer a nosa aula e contounos dous maravillosos contos.
Na fotografía estanos lendo Isto non é unha selva de Susanna Isern.
Tivemos a sorte de que quixeron compartir outra historia con nós, a historia de Axente Riciños escrita por Hematocrítico, chulísima!
Moitísimas grazas por vir compartir con nós ese momento!
Hoxe visitounos Tania, a nai de Iago.
Contounos o conto "Con Tango son tres" no que unha parella de pingüíns ve enriquecida a súa vida tras a chegada do ovo tan esperado.
O conto está baseado nunha historia real que aconteceu no zoo de Central Park e que podedes ler a continuación.
Esta semana, creamos robots con material de refugallo e, con códigos de frechas, programamos os seus movementos polo taboleiro. Gustounos moito!