25 de out. de 2018

Poesía no Día das Bibliotecas

As nenas e nenos de 1º recitaron esta poesía de Concha Blanco ao alumnado de 6º no Día das Bibliotecas e fixérono así de ben.

Día das Bibliotecas Escolares

Onte o alumnado de 1º e 6º de primaria celebramos conxuntamente o "Día das Bibliotecas Escolares".
Recitamos fermosos poemas e escollemos compañeiros e compañeiras para gozar coas lecturas nas vindeiras semanas.





22 de out. de 2018

Baile do avestruz

Hoxe en clase de música bailamos a canción da avestruz. Somos uns bailaríns!!!E ademais cantamos fenomenal... É unha cantiga de Susa Herrera que aparece no seu libro "En Cabárceno se oye cantar"

15 de out. de 2018

1º recita "A pombiña branca"

Nas primeiras semanas de curso as nenas e nenos de 1º memorizaron un poema de Gloria Sánchez titulado "A pombiña branca".
Gustoulles moito e foron á clase dos canciños a recitarllo.
Mirade que ben lles quedou!

11 de out. de 2018

Xa sabemos atar os cordóns

As nenas e nenos de 1º estiveron practicando moito coas familias para ser capaces de atar os cordóns. 
Fixeron no colexio unhas boas demostracións e aquí están as probas:











9 de out. de 2018

O CLUB DE TAEKWONDO HEBE VISITA O COLE

Os nenos e nenas de 2º e 4º curso de primaria asistiron, na sesión de Educación Física, a unha charla e sesión práctica que o Club de Taekwondo Hebe deu no noso cole, contemplada dentro do programa promovido pola Xunta de Galicia chamado Xogade.
Gustoulles moito!


Primeiros días de cole

Os nenos e as nenas de segundo empezamos o curso aproveitando o bo tempo que nos acompaña para ler fóra.


8 de out. de 2018

SAÚDO DOS NENOS E NENAS DE 2º CURSO

Pinchando nos iconos de cores que ten a árbore, veredes e escoitaredes o saúdos dos nenos e nenas de 2º curso.


SAÚDO DA AULA DE 1º CURSO

Estos son os nenos e nenas da aula de 1º curso. Se pinchades no icono que ten cada número, veredes as súas imaxes.


26 de set. de 2018

1º traballa a poesía

Na clase de 1º coñecemos esta semana unha poesía de Gloria Sánchez que se titula "A Pombiña Branca".
Para acompañar o recitado estivemos facendo unhas fermosas ilustracións e traballamos moi ben.


A tea de araña en 1º

Somos as nenas e nenos de 1º de primaria e fixemos esta fermosa tea de araña cun novelo de la. Aproveitamos para presentarnos e falar dos nosos gustos e afeccións.


22 de xuño de 2018

PORFILLAMOS UNHA ÁRBORE


O alumnado de 6º de Infantil e 1º de Primaria participou a semana pasada nunha plantación de árbores organizada polo concello no Monte do Con. Cada un porfillou a súa árbore, que quedou identificada co seu nome para poder coidala e ir vendo como medra ó longo dos anos.

















20 de xuño de 2018

Avaliación de Primaria

O alumnado de primeiro curso de educación primaria contan qué cousas fixeron durante este primeiro ano, e cales foron as novidades con respecto a infantil.


29 de maio de 2018

Visitando a exposición Mª Victoria Moreno

A clase de segundo estivo visitando a exposición sobre Mª Victoria Moreno. É unha exposición interactiva, ademais de ler e ver os traballos de todo o alumnado do cole, precisamos as tablets para ver e escoitar os vídeos que a exposición ten enlazados.

15 de maio de 2018

DESCRICIÓN DA FROITA FAVORITA EN 2º CURSO

Os nenos e nenas de 2º elixiron a froita que máis lles gustou da que tomamos nas semanas da froita e fixeron un MORFOBOOTH no que a describen.


2 de maio de 2018

As familias contan en 2º

Silvia, a nai de Darío tróuxonos no mes de abril un conto moi divertido: "O dragón que cambiaba de conto cada vez que esbirraba" ilustrado por Miguel Anxo Prado e escrito por David Aceituno.
Encantounos!!


1 de maio de 2018

ESPETADA DE FROITA

Os gatiños de Infantil e os nenos e as nenas de 2º de primaria, fixeron xuntos unha espetada de froita. Puxéronlle  plátano, mazá, amorodo e mandarina. Estaban deliciosas!! Asi foi como traballaron: 

27 de abr. de 2018

Plantando leitugas

As leitugas xa están na horta esperando medrar co sol e a auga!
Antes puxémolas en terra para que lles fosen medrando as raíces:

20 de abr. de 2018

Visitamos a exposición de novidades das librerías

As clases de 1º e 2º visitamos a exposición de novidades das librerías. Anotamos os títulos dos contos que máis nos gustaron para mercalos o día do libro.

Este curso participaron La papelería, Alborada e  Nobel O Pontillón.




19 de abr. de 2018

A horta xa está lista

A nosa horta xa está lista para que traballemos nela. Moitas grazas, familias!


As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas