10 de maio de 2016
A PDI na aula de primeiro
Os nenos e nenas de primeiro pasámolo moi ben coa Pizarra Dixital Interactiva (PDI). Como nos gusta usar o dedo de rato!!!
9 de maio de 2016
2º curso e Meteoquintela
Bos días familias,
esta semana tócanos a nós achegarnos á estación meteorolóxica para a recollida de datos.
O mércores, xoves e venres iremos en grupos de cinco acompañados dun adulto.
Hoxe achegámonos todos para atender ás explicacións que nos deron dous compañeiros de 6º.
Puidemos ver como se recollen as temperaturas máxima, mínima, media; a cantidade de auga no pluviómetro; o orballo e o estado do ceo.
Tamén nos achegamos á entrada do colexio para apuntar os datos recollidos.

Etiquetas:
Curso 2015- 2016,
Meteoquintela
7 de maio de 2016
Educación vial en E.F.
Os nenos e nenas de 2° disfrutaron dun circuito no que había, entre moito material, unha sinalización de tráfico. Aprenderon sobre cómo circular correctamente!
6 de maio de 2016
As familias contan
Hoxe a clase de 2º tivo a sorte de ter a visita doutra mamá.
Bea estivo con nós para contarnos o conto "Quen pode vencer o vento?"
Trouxo un precioso dado feito por ela con todas as personaxes.
Despois de escoitar a historia estivemos un rato xogando co dado.
Moitas grazas por todo Bea!!
Etiquetas:
2º de Primaria,
As familias e a escola,
Curso 2015- 2016
3 de maio de 2016
As familias contan
A semana pasada a clase de 2º recibimos a visita de Teruca.
Contounos un precioso conto titulado "Quen levou a Lúa?"
Tamén fixemos con ela marcapáxinas de lúas e soles.
Que bonito todo, moitas grazas Teruca!!
Contounos un precioso conto titulado "Quen levou a Lúa?"
Tamén fixemos con ela marcapáxinas de lúas e soles.
Que bonito todo, moitas grazas Teruca!!
Etiquetas:
2º de Primaria,
As familias e a escola,
Curso 2015- 2016
28 de abr. de 2016
O pano
Seguindo cos xogos populares.... o pano.
Xogos populares e tradicionais. A pita cega
Na clase de 2º tamén xogamos á pita cega, dentro do traballo dos xogos populares e tradicionais de Galicia.
Baile popular e tradicional galego
Dentro do traballo dos xogos populares e tradicionais galegos, engadimos unha parte dedicada ao baile popular e tradicional galego. Para iso, contamos coa colaboración de Vero e Juan, da Moañesa de Música e Danza. Queremos agradecer este detalle que tiveron co cole ao vir a ensinarnos os picados e puntos para bailar. Grazas!!
Visita á praza de abastos
A semana pasada, o alumnado de 1º e 2º realizou unha visita guiada pola praza de abastos. Contáronlle como están organizados os distintos postos de venda e tamén moitas cousas sobre as froitas, as verduras, a carne, o peixe...
Aquí vos deixamos unha mostra do divertido que foi:
26 de abr. de 2016
En 2º inventamos un conto
Á clase de 2º encántanos aproveitar o papel de aluminio das merendas para facer figuriñas.

Esta mañá decidimos inventarnos un conto con algunhas delas.
Estes son os protagonistas: a serea, a ostra, a perla xoguetona, o cormorán e a flor.
E esta a historia:
A semana da froita
Este luns empezamos a 1º das tres semanas da froita .
De luns a venres temos no cole distintas froitas para tomar nos recreos.
A semana da froita forma parte do proxecto do noso centro "Medrando sans con froita", que ten como obxectivo fomentar o seu consumo.
Este proxecto está subvencionado pola Consellería de agricultura.
Cadro de Giuseppe Arcimboldo ( 1527-1593) pintor italiano que facía retratos a partir de froitas, flores e plantas.
De luns a venres temos no cole distintas froitas para tomar nos recreos.
A semana da froita forma parte do proxecto do noso centro "Medrando sans con froita", que ten como obxectivo fomentar o seu consumo.
Este proxecto está subvencionado pola Consellería de agricultura.
Etiquetas:
Aliméntate ben,
Curso 2015- 2016
19 de abr. de 2016
Por fin podemos plantar
Levamos un tempo que non para de chover e as leituguiñas xa estaban esperando por nós.
Onte tivemos un tempo fantástico e o colexio enteiro aproveitamos para ir plantar á horta. Pasámolo moi ben e plantámolas con moito xeito, Luis axudounos moito.
Agora teremos que coidalas para que medren.
Etiquetas:
2º de Primaria,
Curso 2015- 2016,
Voz Natura
11 de abr. de 2016
1º APRENDE A SALTAR Á COMBA
Estes días, na clase de E.F., estamos traballando os xogos populares e tradicionais. Entre eles, temos o salto de comba. Mirade que ben o fan os nenos e nenas de primeiro.
6 de abr. de 2016
LETRAS GALEGAS 2016
Este ano, o Día das Letras Galegas está dedicado a Manuel María. Aquí deixamos unhas actividades online para aprender sobre el.
30 de mar. de 2016
A metereoloxía na clase Tic's
Na aula Tic, e co programa Paint, os nenos e nenas de primeiro fixeron un debuxo relacionado coa metereoloxía para traballar no noso proxecto Meteoquintela . Quedaron moi chulos!
28 de mar. de 2016
Aprendemos moito das familias
Antes das vacacións, os nenos e nenas de 2º recibimos a visita de Fran, un dos nosos pais.

Estivo falándonos das abellas, da función de cada unha delas, da súa organización e da importancia que teñen na nosa vida grazas á polinización.
Miramos e tocamos unha colmea de abellas e decatámonos da diferenza de peso cando están valeiras e cando teñen mel.
Tamén nos falou das diferenzas que hai entre a vespa crabro que é a vespa autóctona e a vespa velutina ou vespa asiática e do perigo que esta última supón para o equilibrio da nosa natureza.
Colmea de vespa velutina ou asiática.
Moitas grazas Fran pola túa visita e por esta charla tan interesante.

14 de mar. de 2016
A visita de Gustavo e Matilde
A semana pasada Gustavo e Matilde viñeron para falarnos sobre un animal tan espectacular como é a águia.
Como na clase de 2º estivemos traballando a entrevista, aproveitamos para elaborar unhas preguntas sobre esta fermosa ave.
Ao final fixemos estes debuxos tan bonitos.
Moitas grazas Gustavo e Matilde pola vosa visita.

10 de mar. de 2016
Día da muller traballadora
Onte a clase de 2º, xunto con máis compañeiros do colexio, fomos a biblioteca para celebrar o día da muller traballadora.
Alí estaba esperándonos Noelia Pérez, a mellor técnica de taekwondo de España 2015 e ademáis mamá e ama de casa.
Contounos moitas cousas, como é o seu día a día, todo o que estudou e cómo ten que seguir preparándose para aprender cousas novas.
Tamén nos dixo algo moi importante, nunca debemos deixar de loitar por conseguir os nosos obxectivos.
Gracias Noelia pola túa visita e pola demostración tan chula que fixeches.
Nós queremos agasallarte con estes debuxos.

8 de mar. de 2016
2º celebra o día da árbore
Hoxe gozamos dun fantástico día de excursión, organizado pola Concellalía de Educación de Moaña, en colaboración coas Xuntas de Montes de Moaña
Compartimos cos nosos compañeiros e compañeiras de 3º o autobús que nos levou a Chan do Porco en Domaio.
Alí esperamos a chegada dos outros seis colexios públicos de Moaña mentres dábamos un bonito paseo.
Cando xa estabamos todos, plantamos sobreiras e carballos e recitamos poemas de Manuel María.
Despois da merenda tíñamos reservada unha gran sorpresa, puidemos ver á moura na poza peiteándose co seu peite de ouro.
Rematamos a excursión bailando e escoitando o home orquestra, foi divertidísimo!

4 de mar. de 2016
Escoitando a Rosalía de Castro
Hoxe as nenas e nenos de 2º recibimos a visita dos compañeiros de 1º.
Viñeron para recitarnos un precioso poema musicado de Rosalía de Castro.
Recitárono con acompañamento de guitarra e cantaron moi ben.
Gustounos moito. Ao final aproveitaron para cantarnos a súa canción dos meses.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas