Os nenos e nenas de primeiro escolleron o libro do mes de Novembro.
Elixen entre os libros que lles len as profesoras.
Nesta ocasión, a elección foi moi reñida.
Os finalistas foron "Sacapenas" e "Crictor".
o Sacapenas deunos pé para debuxar moitos Sacapenas, e mesmo facer algún. Ademais, foron contándolles as súas preocupacións, que son moitas.
Pero saiu gañador "Crictor" de Tomi Ungerer, editado por Kalandraka. A historia da serpe resultoulles moi atractiva, pero aprender a pronunciar en francés "Madame Louise Bodot" foi todo un reto. Mesmo todos aprendemos a decir "Madame" e "Monsieur" con un fabuloso acento francés.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios