O poema aprenderonno na casa, coas súas familias. Xa sabedes que os poemas en familia soan mellor. Aqui tedes o recado para as familias.
A vindeira semana iremos recitalo a outras clases.
UN RATO DÍXOLLE Á LÚA:
-“NUNCA REPARAS EN MIN,
POR ISO VIVO NA RÚA
METIDO NUN CALCETÍN.”
ELA FITOUNO ABRAIADA.
DÉRONLLE GANAS DE RIR.
DAQUELA APAGOU A LÁMPADA
E DISPÚXOSE A DURMIR.
POLO DESPREZO DA LÚA
O RATIÑO, ALPORIZADO,
BERROULLE CON MOITA FORZA:
-“XA
NON ESTOU NAMORADO!”
“Lueiro de papel”. Antonio García Teijeiro.”
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios