27 de maio de 2020

ACTIVIDADE PLÁSTICA para 1º e 2º de PRIMARIA

Ola nenas e nenos!!
Hoxe mércores toca actividade plástica así que:
Imos crear Froitas coa Técnica do Puntillismo (técnica pictórica que utiliza o punto como elemento fundamental na composición dunha obra)
Materiais que necesitarás:

  • Lapis e goma
  • 1 Folio
  • Pintura de distintas cores. Se non tes, o sustituímos por rotuladores de cores.
  • 3 ou 4 Bastoncillos dos oídos.

Pasos a seguir: 
  1. Pensa en 1, 2, ou 3 froitas que che gusten: De que cor son? Vermella, verde… Pois eses son as cores que vas necesitar.
  2. No folio debuxa os contornos das froitas que elixiches.
  3. Co bastoncillo, enche a froita por dentro facendo puntos coa pintura da súa cor, ou coas cores que ti escollas. Se non tes pinturas utilizarás os rotuladores.
 Déixovos algúns exemplos.  E agora a crear!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas