A partires de agora teredes os mércores unha actividade de lingua galega e deixaremos lingua castelá para os luns.
Esta mañá tócavos escribir unha receita con froitas.
As opcións son varias:
- Poden ser pratos decorados con diferentes froitas
- Pode ser unha espetada de froitas
- Pode ser unha receita que leve algúns tipos de froita e outros ingredientes
- Pode ser unha ensalada con froitas
- Pode ser unha sobremesa que leve froitas
- Calquera outra idea que teñades para cociñar coas froitas
O formato da receita pode ser algo así
Agardamos as vosas fotos no correo.
Dámosvos de prazo ata o vindeiro mércores porque tamén tedes actividade de plástica.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios