Na clase de Primeiro seguen esconllendo o mellor conto do mes, e a mellor poesía do mes. Esta vez votaron por un conto de "Saber máis" porque ...eles o explican
18 de xan. de 2012
17 de xan. de 2012
12 de xan. de 2012
Queremos saber... cousas de Exipto
Na clase de primeiro temos moita curiosidade polo Antiguo Exipto. Entrando na imaxe, podemos aprender máis:
Etiquetas:
1º de Primaria,
Curso 2011-2012,
Proxecto: Exipto
11 de xan. de 2012
Observamos un cadro
Este cadro é dun pintor chamado Briton Riviere. Chámase "Afinidade" Esta palabra quere dicir semellanza, parecido, igualdade nos gustos e nas opinións de dúas persoas.
Observadeo ben:
Falamos:
Que vos parece?
Onde están sentados?
Porqué estarán aí?
Que sinten?
Imos buscar na biblioteca libros de animais que expresen sentimentos,..
Observadeo ben:
Falamos:
Que vos parece?
Onde están sentados?
Porqué estarán aí?
Que sinten?
Imos buscar na biblioteca libros de animais que expresen sentimentos,..
28 de dec. de 2011
Fai unha foto cos Reis Magos
Queres facer unha foto cos Reis Magos? Solo tes que escoller o lugar, e responder as preguntas...
Visto en Casa de tol@s
Visto en Casa de tol@s
Etiquetas:
Celebracións: O Nadal,
Curso 2011-2012,
Ferramentas dixitais
20 de dec. de 2011
14 de dec. de 2011
Buguinas
Camiño de escuma, xardín de coral, murallas de area, brillante ventás, BUGUINAS os timbres...
¿Quen quere chamar ? ( Ana M. Fernández ).
Escoitade ás buguinas. Teñen moitas cousas que contarvos.........
¿Quen quere chamar ? ( Ana M. Fernández ).
Etiquetas:
2º de Primaria,
Competencia na expresión oral,
Curso 2011-2012
3 de dec. de 2011
A poesía do mes de Novembro
Este mes na clase de primeiro escollemos a nosa poesía favorita. : "O rato e a lúa" de Antonio García Teijeiro.
O poema aprenderonno na casa, coas súas familias. Xa sabedes que os poemas en familia soan mellor. Aqui tedes o recado para as familias.
A vindeira semana iremos recitalo a outras clases.
O poema aprenderonno na casa, coas súas familias. Xa sabedes que os poemas en familia soan mellor. Aqui tedes o recado para as familias.
A vindeira semana iremos recitalo a outras clases.
UN RATO DÍXOLLE Á LÚA:
-“NUNCA REPARAS EN MIN,
POR ISO VIVO NA RÚA
METIDO NUN CALCETÍN.”
ELA FITOUNO ABRAIADA.
DÉRONLLE GANAS DE RIR.
DAQUELA APAGOU A LÁMPADA
E DISPÚXOSE A DURMIR.
POLO DESPREZO DA LÚA
O RATIÑO, ALPORIZADO,
BERROULLE CON MOITA FORZA:
-“XA
NON ESTOU NAMORADO!”
“Lueiro de papel”. Antonio García Teijeiro.”
O libro do mes de Novembro
Os nenos e nenas de primeiro escolleron o libro do mes de Novembro.
Elixen entre os libros que lles len as profesoras.
Nesta ocasión, a elección foi moi reñida.
Os finalistas foron "Sacapenas" e "Crictor".
o Sacapenas deunos pé para debuxar moitos Sacapenas, e mesmo facer algún. Ademais, foron contándolles as súas preocupacións, que son moitas.
Pero saiu gañador "Crictor" de Tomi Ungerer, editado por Kalandraka. A historia da serpe resultoulles moi atractiva, pero aprender a pronunciar en francés "Madame Louise Bodot" foi todo un reto. Mesmo todos aprendemos a decir "Madame" e "Monsieur" con un fabuloso acento francés.

21 de nov. de 2011
Outono en Rialdarca
Día de acción de grazas con Eric
Eric ( o noso auxiliar de conversa) explicounos que o cuarto xoves de novembro celébrase o Día de Acción de Grazas no seu país, Estados Unidos.
Díxonos
que hai moito tempo, cando os europeos chegaron a América (colonos), era
inverno e pasaron moita fame. Entón os indios Wampanoag, lles proporcionaron alimentos como pavo, millo, e pombiñas de millo.
Cando os colonos tiveron a
súa primeira colleita, decidiron compartir os seus alimentos cos indios, para
agradecerlles a sua axuda.
O día de Accion de Grazas (Thanksgiving) e para lembrar esa data. Xuntase a familia e os amigos, e comen pavo.
Despois
ensinounos a facer un pavo coa silueta da man, e xuntos aprendemos a decir "Feliz Día de Acción de Grazas" "pavo" e outras palabras.
12 de nov. de 2011
O magosto en Quintela
O mes de novembro é o mes de S. Martiño e coma todos os anos "Polo S. Martiño, trompos ó camiño" e magosto no cole:
10 de nov. de 2011
Samain
As cabazas están moi contentas porque poden disfrazarse, visitar o colexio de Quintela e dende os corredores ver como os nenos e as nenas admiran os seus traxes e peiteados.Despois cando voltan as súas casas alumean pola noite e despídense ata o ano que ven....
Etiquetas:
2º de Primaria,
Celebracións: O Samaín,
Curso 2011-2012
9 de nov. de 2011
8 de nov. de 2011
Que contentos estamos!!!
Este é o comentario que nos escribiu Darabuc, porque a profe contoulle que escollimos o seu conto "Sopa de nada" Conto do mes de Outubro
3 de nov. de 2011
O conto do mes, a poesía do mes
Os nenos e nenas de 1º de Primaria escolleron a mellor poesía do mes de outubro, e o mellor conto do mes.
Para elixir o conto, fixemos unha votación.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas