26 de feb. de 2026

2° xogando ao xadrez

 Momentos de compartir… Os e as que sabemos ensinamos aos que non saben. Aprendemos a esperar, respetar…




22 de feb. de 2026

ENTERRO DA XOUBIÑA

Grazas a ANPA pola súa dedicación e implicación un ano máis nesta celebración, facendo posible unha xornada chea de alegría e convivencia. Grazas tamén a todas as familias pola súa participación. Entre todos e todas conseguimos crear momentos especiais que fortalecen a nosa comunidade educativa.


21 de feb. de 2026

Coplas de entroido

 Parabéns a todas e todos! Estupenda actuación!

20 de feb. de 2026

Obradoiro de disfraces

 O pasado venres, fixemos un obradoiro de disfraces na biblioteca. Un éxito total!

12 de feb. de 2026

A clase de 2º propón un reto ao resto de aulas...

 

Seredes capaces de dicirnos canto suma cada insecto dos que construímos?




1 de feb. de 2026

Día da Paz

 O día 30 de Xaneiro é o Día da Paz. No cole fixemos unha actividade na que cada persoa, cunha peza de puzle ofrecía e pedía axuda con algo. A continuación, buscaban aquela persoa coa que encaixar a súa peza. O alumnado de 6º de primaria cantou unha canción conmemorativa deste día acompañados á guitarra polo profe Txelu.

Foi moi emotivo.


27 de xan. de 2026

As mates para crear insectos

 Na clase de 2° estamos a aprender sobre insectos. As regletas e as matemáticas son quen de axudarnos nesta aprendizaxe. Mirade!





23 de xan. de 2026

A horta de 1º

Mirade que pementos, cenorias e tomates fixeron as nenas e nenos de 1º para decorar o cole.

21 de xan. de 2026

Apadriñamento lector

  O alumnado de 6º de Primaria participou nos apadriñamentos lectores cos compañeiros de 2º de Primaria. Nesta actividade, os maiores contan historias, axudan a ler e comparten tempo cos máis pequenos.

Os de 2º gozan das historias e os de 6º aprenden a motivar e apoiar aos compañeiros. É unha forma divertida de aprender, compartir e facer novas amizades a través da lectura.



As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas