Amosando publicacións coa etiqueta Aprendemos xogando. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Aprendemos xogando. Amosar todas as publicacións

15 de mar. de 2024

Xogo por estacións

 Na clase de 2º, gozamos cos xogos de mesa por estacións: os equipos van rotando e cambiando de xogo ao longo da sesión.

O xogo é fundamental para o desenvolvemento dos nenos e nenas. A través del, aprenden de forma lúdica matemáticas, letras... entrenan a velocidade de procesamento da información, a lóxica... E ademais, aprenden a gañar e a perder, a acompañar a quen gaña e acompañar a quen perde. Todo son vantaxes!


15 de xuño de 2020

Propostas para xogar ao aire libre e coas simetrías

Temos dúas propostas para vós

Unha de actividades de simetrías e lateralidade 



Outra de manualidades para xogar ao aire libre 




18 de mar. de 2020

Xoga cos números

Aquí vos deixamos un xogo de matemáticas  para que enrededes estes días. Podedes facer as sumas e restas.
Premede na imaxe e dádelle á pantalla grande, para traballar mellor.

28 de mar. de 2019

Cadrados máxicos


Estivemos traballando co dominó. 
A actividade consiste en que cada  lado suma 10.



                           Iker é Pablo fan un dominó.

Diogo, Candela,  Brais.  M  e  Pedro.


Andre M., Ainara e Sabela.


                      Xián, David, Andrés e André C. fan  un cadrado máxico.

Leire, Lara, Claudia e Paula.

3 de nov. de 2014

O RECREO CON CHUVA EN 2º

O luns 3 de novembro choveu  toda a mañá. Xa non pasamos calor na aula; pero, non puidemos saír ao patio porque a chuva e o  vento non pararon. A toda a clase lle encanta pasar o tempo de recreo xogando na aula. Aínda que a profe di que é mellor saír a airearnos, de vez en cando é divertido. A profe sacounos fotos.









29 de nov. de 2013

1º aprende a xogar ao trompo

Polo San Martiño,

 trompos ao camiño.

Polo San Amaro, 

trompos ao faiado.

Á clase de 1º gustoulle tanto ver xogar os maiores do cole ao trompo que quixeron aprender. Empezaron por poñer o cordel e lanzar o trompo. O curso que vén perfeccionarán o lanzamento e verán de ser capaces de facelo bailar. 

Aparte de practicar no patio, tamén aprenderon o refrán co que empeza este texto e unha adiviña que di así:

Para que eu baile, póñenme a capa

porque sen capa, non podo bailar.

Para que eu baile, tíranme a capa

porque con capa, non podo bailar.

 


15 de xan. de 2013

Os nenos e nenas de 1º xogamos a construir co agasallo que nos trouxeron os Reis Magos. Fixemos cousas moi fermosas e imaxinativas. Aquí tedes algúns exemplos.




10 de out. de 2012

Os músculos do corpo

Aprendemos cousas dos músculos? Facede o xogo, vaivos gustar.
Ap

26 de set. de 2012

30 de out. de 2011

Xogo sobre o outono

Metidos de cheo no outono, desde o CEIP Frián de Teis chéganos este xogo LIM:

2 de out. de 2011

O outono

Un xogo de outono para os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria:

30 de set. de 2011

Aprendemos máis cousas do noso corpo

Entra no debuxo, e pon o cursor enriba dos puntos para aprender os nomes.

Seguimos aprendendo cousas do noso corpo:

O noso corpo

Para os nenos e nenas de 1º que estamos aprendendo cousas do corpo, mirade que xogo:

Visto no CEIP Manuel Fraga

14 de feb. de 2011

Xogo do corpo humano

Deixamos aquí un xogo sobre o corpo humano da Comunidade de Castela e León:

10 de nov. de 2010

Xoga

Como xa sabedes, estamos no outono.

E unha estacíon estupenda para fotografiar, debuxar, escribir poemas...

Vos animamos a que fagades debuxos, contos e poemas.



Pero mentras non chega a inspiración, aquí tedes unha páxina para xogar un pouco:

educastur

18 de xan. de 2010

Xoga cos números

Xoga cos números perdidos. Imos empezar coas sumas.
Preme na imaxe, e dalle á pantalla grande, para traballar mellor.

27 de out. de 2009

O corpo humano

Como estamos aprendendo cousas do corpo humano, imos xogar. Preme na imaxe e xoga:



As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas