27 de xuño de 2014

Plantamos bulbos en 1º

A clase de 1º dedicou moito tempo a observar o crecemento dos bulbos de xacinto.



11 de xuño de 2014

Hoxe vimos dúas vacalouras!

Hoxe empezamos a mañá cunha sorpresa: Laura e Aldara, da clase de 4º trouxéronnos unhas vacalouras para que as puidesemos ver. Son uns insectos curiosos e non son fáciles de atopar. Ademais, puidemos ver a diferenza entre macho e femia: os machos teñen unhas enormes mandíbulas que parecen cornos e son moito máis grandes. Aquí tendes unhas fotos


O noso libro favorito

Aos nenos e nenas da clase de 1º gustounos moito o libro El gran concurso de la caca. É un libro divertido, e ten unhas simpáticas ilustracións. 

9 de xuño de 2014

A froita en 2º

Para celebrar a semana da froita, os nenos e nenas de 2º fixemos diversas actividades. Aquí tendes unha mostra:
Pintamos bodegóns:
Escribimos a receita dunha macedonia de froita. Fixémolo tan ben que queremos que as vexan todos, por iso as temos no corredor do cole:
E, para acabar, inventamos frases para animarvos a todos a comer moita moita froita!

5 de xuño de 2014

Na clase de 2º estivemos falando sobre os traballos artesanais. Lucía amosounos un pequeno torno que  nos fixo lembrar o traballo dos oleiros.

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas