Hoxe as nenas e nenos de 2º saímos a primeira hora ao colexio de Abelendo porque teñen instalado un planetario no ximnasio.
Fomos andando polos camiños entre as casas e tivemos que subir unha boa costa!
Ao chegar esperamos un pouquiño xogando.
Nun dos muros do colexio tiñan un debuxo de Rosalía de Castro cunha das súas poesías.
Puidemos entrar no planetario cando estaba preparado.
Encantounos!!
Á saída xogamos outro pouco no patio.
28 de out. de 2015
23 de out. de 2015
Proxecto Por Que?
O proxecto da bilioteca para este curso é Por que? Así investigaremos sobre as propostas e Paco, buscando respostas ás súas preguntas a través de pequenos ou grandes proxectos. Estas son as primeiras cartas:
Etiquetas:
Curso 2015- 2016,
Proxecto: Por que?
21 de out. de 2015
Enredando co Samaín
Este xogo atopámolo en Bibliocastelo, do Ceip A Pedra, de Bueu. E este tamén:
Do
Desde a EEI Monte de A Guía chéganos este xogo, vía Actividades LIM:
Etiquetas:
1º de Primaria,
2º de Primaria,
Celebracións: O Samaín,
Curso 2015- 2016
16 de out. de 2015
14 de out. de 2015
Un circuito en 1º
Os nenos e nenas de primeiro fixemos un súper circuíto en Educación Física montado por nós mesmos. Xa tiñamos ganas de facer un circuíto como os que faciamos en infantil!
Etiquetas:
1º de Primaria,
Curso 2015- 2016,
Educación física
11 de out. de 2015
2º investiga sobre os insectos
Naiara investigou sobre as xoaniñas e contounos que os seus ovos son de cor amarela.
Ademais de ser moi bonitas son moi útiles, pois aliméntanse dos pulgóns que estropean tanto as nosas plantas.
Ademais de ser moi bonitas son moi útiles, pois aliméntanse dos pulgóns que estropean tanto as nosas plantas.
2º investiga os insectos
Iris trouxo á clase de segundo curso información sobre as formigas.
Poden ser de diferentes cores segundo a súa especie.
Coas súas antenas poden ulir e comunicarse e nun formiguero poden vivir varias raíñas, que son as encargadas de poñer os ovos.
Sabiades que as madíbulas das formigas son fortísimas?
Poden ser de diferentes cores segundo a súa especie.
Coas súas antenas poden ulir e comunicarse e nun formiguero poden vivir varias raíñas, que son as encargadas de poñer os ovos.
Sabiades que as madíbulas das formigas son fortísimas?
9 de out. de 2015
2º investiga sobre os insectos
Aldara falounos sobre os grilos e as bolboretas.
Sabiades que os grilos que cantan son os machos para atraer as femias e que o fan frotando as ás?
Contounos moitas cousas máis, como que as ás das bolboretas están recubertas de escamas de moitas cores e as teñen cubertas por un po moi delicado.
Sabiades que os grilos que cantan son os machos para atraer as femias e que o fan frotando as ás?
Contounos moitas cousas máis, como que as ás das bolboretas están recubertas de escamas de moitas cores e as teñen cubertas por un po moi delicado.
6 de out. de 2015
2º investiga sobre os insectos.
Tras unha visita á biblioteca e despois de elixir os libros que máis nos interesaban,
comezamos a investigar sobre os insectos.
5 de out. de 2015
Primeiro visita a 6º de Infantil e 2º de primaria
Ola a todos e todas!
Aquí vos deixamos cunhas cantas fotos do inicio de curso e dos nosos recunchos. Tamén aparece a nosa dragona ou dragón, Chiquitina ou Chiquitín (pois aínda non sabemos se é macho ou femia) na visita aos compis de 6º de Infantil e 2º de primaria.
Saúdos.
De oca a oca e tiro porque me toca |
O equipo quebracabezas |
Chiquitin/a visitando as Bolboretas de 5 anos |
Chiquitin/a saudando os compis de 2º |
Buscando mundo.. |
Investigando arañas |
Que bonitos son os dragóns de mar! |
Etiquetas:
Curso 2015- 2016,
Inicio de curso
2º estuda os insectos
Na clase de 2º estamos estudando os insectos.
David troúxonos uns grilos e puidemos observar como son e o que comen.
2 de out. de 2015
Iván conta un conto aos seus compañeiros e compañeiras de 2º
O ratiño Pérez agasallou a Iván co conto " O Grúfalo" e el estivo contándonolo na clase.
Que ben o fas, Iván!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas