21 de xuño de 2016

OLIMPÍADA ESCOLAR NA CATEGORÍA PREBENXAMÍN

AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGUNHAS DAS MOITAS FOTOS QUE SE FIXERON O DÍA DA OLIMPÍADA A CATEGORÍA PREBENXAMÍN.


14 de xuño de 2016

Olimpíada 2016

Parabéns a todos os nenos e nenas que participaron na Olimpíada polo ben merecido 4º posto acadado!!!!



13 de xuño de 2016

Excursión ao río Barosa

O pasado xoves tivemos a sorte de visitar todo o colexio o Parque natural do río Barosa no concello de Barro.
Ao longo dese día fixemos diferentes actividades. Primeiro coñecimos o funcionamento dun  muíño e descubrimos que a orixe do ritmo das nosas muiñeiras está no ruido que fan as pedras do muíño ao traballar. Comentáronnos que ese ruído coñécese co nome de "petapouco".
 Despoís observamos como é un forno de leña antigo e os distintos tipos de semente que hai para facer fariña.
Tras un rato de descanso e a merendiña da mañá participamos nun taller de amasado de pan no que o pasamos fenomenal.
Máis tarde comimos á sombra das árbores e logo de descansar un anaco, pasamos a tarde con xogos.
Foi unha excursión divertidísima !!

                 

8 de xuño de 2016

Vídeos do Festival das Letras Galegas

Aquí vos deixamos os vídeos das actaución que se fixeron no festival das Letras Galegas. Queremos dar grazas a Roberto, o paid e Aarón de 6º de Infantil, por gravar o evento e facelo tan ben!
















7 de xuño de 2016

Aldara gana un premio

Tras a visita á praza de Abastos, os nenos e nenas de 1º e 2º participaron nun concurso de debuxo xunto con outros colexios de Moaña.
Onte pola tarde foi a entrega dos premios.
Aproveitamos tamén para agradecer a merenda tan rica coa que nos agasallaron e o cariño que puxeron nela.
Aquí temos a Aldara, a nosa ganadora.
Felicidades Aldara!! estás feita unha artista.

6 de xuño de 2016

O alumnado visita a exposición interactiva sobre Manuel María

O alumnado está entusiasmado co traballo que fixeron referido á exposición interactiva sobre Manuel María. Estiveron visitándoa e quedaron encantados!


As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas