O pasado xoves tivemos a sorte de visitar todo o colexio o Parque natural do río Barosa no concello de Barro.
Ao longo dese día fixemos diferentes actividades. Primeiro coñecimos o funcionamento dun muíño e descubrimos que a orixe do ritmo das nosas muiñeiras está no ruido que fan as pedras do muíño ao traballar. Comentáronnos que ese ruído coñécese co nome de "petapouco".
Despoís observamos como é un forno de leña antigo e os distintos tipos de semente que hai para facer fariña.
Tras un rato de descanso e a merendiña da mañá participamos nun taller de amasado de pan no que o pasamos fenomenal.
Máis tarde comimos á sombra das árbores e logo de descansar un anaco, pasamos a tarde con xogos.
Foi unha excursión divertidísima !!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios