Amosando publicacións coa etiqueta Aquí vivimos: Moaña. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Aquí vivimos: Moaña. Amosar todas as publicacións

22 de abr. de 2025

COÑECENDO MOAÑA

 En segundo seguimos investigando sobre Moaña, xogamos aos xogos tradicionais que recuperamos investigando en familia e ademáis o avó de Anxo contounos como era Moaña cando el era pequeno.

Grazas familias!



25 de mar. de 2025

PROXECTO: "Cousas de Moaña: O NOSO FOGAR"

O alumnado de segundo de EP empezou o proxecto "COUSAS DE MOAÑA: o noso fogar" para coñecer máis detidamente o lugar onde viven. Polo de pronto situaron a Moaña, observaron as súas rúas, os parques, as zonas de ocio:
Despois investigaron sobre os xogos tradicionais no pobo:
Aproveitamos esta entrada para animarvos a que veñades ao cole a contarnos máis cosas sobre o pobo ou sobre vós: que profesións podemos atopar, que cancións hai sobre Moaña, tradicións do pobo... Tamén podedes vir a contarnos contos, de seguro que coa vosa visita descubrimos máis cousas interesante sobre as familias de Moaña. Grazas pola vosa colaboración.

16 de mar. de 2018

A Presidenta da Comunidade de Montes de Moaña

Hoxe recibimos a visita da Presidenta da Comunidade de Montes de Moaña, Belén Couso. Acompañábaa Xulio e os dous contáronnos como coidan os montes de Moaña para que todos e todas poidamos visitalos e sentirnos orgullosos. Podan , desbrozan, limpan, plantan,...son moitas as tarefas que desenvolven. Así podemos evitar que os incendios os destrocen.
Nós entregámoslles os carballos que estivemos coidando desde o outono. Sementamos landras porque queremos un monte cheo de árbores, non de cinza.
MOITAS GRAZAS!!!


24 de nov. de 2010

A praia



Onte os nenos e nenas de 2º fomos á praia da Xunqueira.Tiñamos que pintar a praia, e facía un día tan bo, que alá fomos coas nosas pinturas e carpetas, a traballar a praia.


Igoal que os artistas de verdade!!


Os nosos traballos van servir para ilustrar un calendario.

Cada curso pinta unha cousa propia de Moaña, e nós tocounos a praia.
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas