O alumnado de primeiro fixemos unha saída ao mercado na que puidemos coñecer diferentes tipos de peixes, verduras, froitas...
Amosando publicacións coa etiqueta Competencia no coñecemento e a interación co mundo físico b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Competencia no coñecemento e a interación co mundo físico b>. Amosar todas as publicacións
22 de abr. de 2026
7 de maio de 2025
Coidando da nosa contorna
Este ano plantamos moitísimo e comprobamos o importante que é coidar a nosa contorna.Así que decidimos aportar o noso gran de area a este ben común e comprométemonos a gastar menos auga e menos papel no noso día a día.
E conseguímolo!
8 de mar. de 2024
Ciencias da natureza en 1°
Hoxe, estivemos curioseando sobre como é o noso corpo por dentro. Fixémolo coa camiseta e a aplicación Magic T-Shirt.
Descubrimos que temos costelas que protexen ao corazón, vimos un “guisante” que resulta que é a vesícula, tamén pensamos que os intestinos eran vermes….. En fin…. Aprendemos unha morea de cousas e rimos moito!
9 de xuño de 2020
Ciencias Naturais en 1º e 2º
Bos días nenas e nenos!
Esta mañá en Ciencias Naturais:
"COIDAMOS O NOSO ENTORNO"
En primeiro lugar imos ver este vídeo para coñecer a un investigador mariño chamado
Premede no enlace para ver o vídeo
https://www.rtve.es/infantil/serie/lunnis/video/lunnis-leyenda-jacques-cousteau/4789304/
Despois de ver este vídeo deberedes:
- Elaborar un traballo titulado "COIDAMOS O NOSO ENTORNO" no que nos contedes que podedes facer vós para coidar o entorno e non contaminalo.
- Pensade que podedes facer desde a vosa casa, desde o colexio , cando ides mercar, cando ides á praia, ao monte, ao parque,...
- Como mínimo deberedes aportar cinco ideas para coidar o entorno.
- É importante que escribades a idea e a acompañedes dun debuxo ou imaxe..
- Plasmade o traballo nun papel A4.
- Podedes facelo á man ou nun programa de ordenador .
- Este vídeo, que vos deixamos a continuación, poderavos guiar no voso traballo, pero seguro que vós tedes moi boas ideas.
- Enviádenos foto ao longo desta semana.
5 de xuño de 2020
2º lévanos de viaxe
Aquí vos deixo os estupendos traballos que fixestes recomendando lugares de Galicia para visitar.
26 de maio de 2020
Ciencias Naturais 1º e 2º
Está chegando o verán e nos
mercados xa temos unha chea de froitas.
Esta semana imos dedicar
martes e mércores a traballar sobre estes alimentos.
Hoxe propoñémosvos que
investiguedes sobre:
"A MIÑA FROITA FAVORITA".
Podedes
seguir este guión:
- Nome da froita
- Lugar de procedencia ou orixe
- Tamaño, cor, forma, sabor…
- De que temporada é
- Propiedades ou beneficios que nos aporta
Facede o traballo nun
folio ou cartolina A4.
Podedes usar o programa
que queirades ou facelo manualmente e engadir imaxes desa froita.
Mandádenos ao longo desta
semana unha foto da tarefa ao correo.
18 de maio de 2020
Dente de león en 1º e 2º
Aquí vos deixamos os vosos estupendos traballos sobre "Os dentes de león".
12 de maio de 2020
Ciencias para 1º e 2º
Bos días!
Hoxe imos aprender un pouco sobre algo moi importante que nos rodea e que empregamos cada día: A AUGA!
A actividade de hoxe non fai falla que nola enviedes.
5 de maio de 2020
CIENCIAS NATURAIS 1º E 2º DE PRIMARIA
Bos días nenas e nenos!
Esta mañá queremos empezar felicitando a Noelia de 2º xa que está de cumple:
"FELICIDADES NOELIA". DESEXÁMOSCHE QUE PASES UN DÍA MOI AGRADABLE.
Aclaración sobre os traballos de plástica:
Esta semana subimos algúns traballos de plástica e estades preguntando se os hai que enviar.
Non é obrigatorio envialos de momento. Pero prestade atención aos próximos traballos que imos mandar porque pedirémosvos dúas tarefas: unha neste mes de maio e outra en xuño.
A semana pasada fixestes uns fermosos traballos sobre as abellas e esta semana imos investigar sobre unha planta que lles encanta ás nosas queridas abellas.
Seguro que estes días paseando atopades moitas plantas chamadas "dentes de león". Tamén se chaman "mexacán".
Pois hoxe imos coñecer algo máis sobre esta planta.
Empezaremos vendo estes 2 vídeos:
https://www.rtve.es/alacarta/videos/aqui-la-tierra/propiedades-del-diente-leon/5258715/
https://www.youtube.com/watch?v=MgDvzh9sp5g
A continuación queremos que fagades un traballo parecido ao das abellas pero coa información dos dentes de león. Podedes falar de:
Aquí queda un modelo de como pode ser o traballo, pero o importante é que o fagades á vosa maneira.

- Por que recibe ese nome?
- Onde se atopa esta planta
- Como son as raíces, as follas e as flores.
- Para que se utiliza
- Que propiedades ten
- Tamén podedes mandarnos fotos desta planta porque seguro que nos vosos paseos polo campo atoparedes moitas.
- E se queredes podedes mandarnos algún debuxo que fagades desta fermosa planta.
- Tedes esta semana de plazo para enviar a tarefa.
Aquí queda un modelo de como pode ser o traballo, pero o importante é que o fagades á vosa maneira.
Ánimo, que ides aprender unha chea de cousas moi interesantes!
28 de abr. de 2020
Ciencias Naturais para 1º e 2º de primaria
Bos días nenos e nenas!
Hoxe toca descubrir cousas interesantes sobre AS ABELLAS.
Imos empezar vendo estes vídeos:
https://www.youtube.com/watch?v=neDhVXPM07I
https://www.youtube.com/watch?v=HtTOF_dLbQ4
Actividades
Hoxe toca descubrir cousas interesantes sobre AS ABELLAS.
Imos empezar vendo estes vídeos:
https://www.youtube.com/watch?v=neDhVXPM07I
https://www.youtube.com/watch?v=HtTOF_dLbQ4
Actividades
- Despois de ver os vídeos, ides contarnos nunha ficha o que aprendestes sobre as abellas.
- Deberedes escribir en galego.
- Podedes utilizar letras maiúsculas ou minúsculas.
- Podedes engadir máis información que teñades vós en libros,...
- Lembrade usar rotuladores ou bolígrafos para repasar o texto e os debuxos. Así veremos mellor o traballo cando o publiquemos.
- Enviade este traballo ao correo ao longo desta semana.
21 de abr. de 2020
Xeografía en 2º
Bos días clase de 2º
Seguimos repasando Xeografía.
Esta semana investigaremos sobre os monumentos máis importantes do mundo.
Deberedes buscar información sobre :
- A estatua da Liberdade
1. Nun folio, anotaredes a seguinte información:

- País onde se localiza
- Continente
- Curiosidades (unha ou dúas, sobre o tamaño, para que foi construída, materiais ou algunha anécdota).
- A información escribídea con letras bonitas e grandes. Se podedes, repasádeas con rotuladores.
7 de mar. de 2020
Presentación: "Plumeiro da Pampa"
Na clase de 2º estivemos investigando sobre unha planta invasora: "O plumeiro da Pampa".
As familias aportáronnos moita información e imaxes e aquí vos deixamos esta presentación.
Agardamos que vos guste.
Moitas grazas familias pola vosa colaboración.
2 de abr. de 2019
Saída ao museo Liste
Os nenos e as nenas de primeiro e segundo foron de visita ao museo Liste. Alí aprendemos moitas cousas interesantes. Podedes mirar o vídeo para comprobarlo:
1 de dec. de 2018
XOGOS POPULARES. BOLOS
O alumnado de 1º e 2º curso están traballando Xogos Populares e Tradicionais en Educación Física. Aprendemos a xogar aos bolos. Gustounos moito!!
29 de nov. de 2018
EDUCACIÓN VIAL EN 1º E 2º CURSO
Estes últimos días, en Educación Física, estivemos facendo circuítos de educación vial, para repasar os sinais básicos de circulación.
ADIVIÑAS DE OUTONO CO ESCORNABOT EN 1º E 2º DE PRIMARIA
Os nenos e nenas de 1º e 2º curso aprenderon adiviñas relacionadas co outono e, aproveitando os escornabots, fixemos un xogo coas mesmas. Dividimos a clase en
4 equipos e, cada dous equipos, un taboleiro no que aparecían as solucións ás adiviñas que cada equipo tiña en tarxetas que utilizaban para preguntar aos contrarios. Se acertaban a resposta levando o robot ao sitio correcto, conseguían un Pacopunto. Pasámolo moi ben!!!

Aquí podedes ver as dúas plantillas, as adiviñas, e a explicación detallada do xogo (facendo clik nas palabras plantillas, dúas, adiviñas e explicación).
9 de out. de 2018
O CLUB DE TAEKWONDO HEBE VISITA O COLE
Os nenos e nenas de 2º e 4º curso de primaria asistiron, na sesión de Educación Física, a unha charla e sesión práctica que o Club de Taekwondo Hebe deu no noso cole, contemplada dentro do programa promovido pola Xunta de Galicia chamado Xogade.
Gustoulles moito!
22 de xuño de 2018
PORFILLAMOS UNHA ÁRBORE
O alumnado de 6º de Infantil e 1º de Primaria participou a semana pasada nunha plantación de árbores organizada polo concello no Monte do Con. Cada un porfillou a súa árbore, que quedou identificada co seu nome para poder coidala e ir vendo como medra ó longo dos anos.
27 de feb. de 2018
7 de maio de 2016
Educación vial en E.F.
Os nenos e nenas de 2° disfrutaron dun circuito no que había, entre moito material, unha sinalización de tráfico. Aprenderon sobre cómo circular correctamente!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas