31 de mar. de 2022

DIGICRAFT NO TEU COLE. PIRÁMIDE HOLOGRÁFICA EN 1°

 Na aula de 1º descubrimos o que é unha pirámide holográfica e cómo se utiliza. Proxectamos unha imaxe na pantalla (neste caso de Diodi) á que lle programamos movementos e puxemos disfraces a través da aplicación Scratch, para logo colocarlle a pirámide enriba e ver cómo a proxectaba en 3D no aire.

Encantounos!






29 de mar. de 2022

Poemas para pintar - 1°

Representamos a poesía de Antonio García Teijeiro "Da nena que xoga"


Da nena que xoga

cos raios de sol,

uns din que está tola 

e algúns din que non.


Sentada na escuma,

cabelo nas ondas,

soterra na area

as finas raiolas.


Con elas colora

estrelas de mar,

cunchas e buguinas,

algas e corais.


E con elas tingue

de bronce os solpores,

de néboa os abrentes,

as nubes de cores.


O ceo, de fume;

os soños, de azul;

os ríos, de seda;

e os cumes, de luz.


Da nena que xoga

cos raios de sol,

uns din que está tola

eu digo que non.


28 de mar. de 2022

En 2º cantamos poesía

Na clase de música de 2º , tamén quixemos cantar ese poema tan fermoso de Antonio García Teijeiro, coa música de Susa Herrera. Nós cantamos unha voz diferente da que cantaron os nenos e nenas de 1º. Esperamos que vos guste. 

26 de mar. de 2022

24 de mar. de 2022

Cantamos poesía

 Na clase de música, para celebrar o mes da poesía, estivemos cantando e bailando un poema de Antonio García Teijeiro, con  música de Susa Herrera. Mirade qué fermoso nos quedou

23 de mar. de 2022

Continuamos co traballo de ordenador en 2°

 

Xa sabemos abrir un documento en branco, cambiar o tamaño da letra, poñerlle colorido, aliñar a esquerda, dereita, gardalo dentro dun cartafol... En fin, xa sabemos moitas cousas!



22 de mar. de 2022

Poemas para pintar

A clase de segundo púxolle voz a algúns dos poemas de Concha Blanco do libro "Poemas para pintar"

 

21 de mar. de 2022

Día da poesía

 A clase de 2º desexámosvos un feliz Día da Poesía e unha feliz entrada na primavera🙂🌸🌺🌞



Recitado no Día da Poasía

Como o poema que levamos para casa é tan bonito, decidimos ir ao longo da mañán a recitalo a todos os cursos. Encantounos voltar a Ed. Infantil



Nós tamén puidemos escoitar aos nosos compañeiros e compañeiras.
A clase de 6º de infantil rapeounos o seu poema e tamén viñeron a visitarnos da clase de 6º para que puidéramos desfrutar da súa interpretación no recitado do poema.




DIGICRAFT NO TEU COLE. MERGE CUBE EN 1°

 Hoxe traballamos a realidade aumentada con xogos de derribar barreiras con superpoderes. As barreiras aparecían ao enfocar o merge cube coas tablets.

Gusto unos un montón!




18 de mar. de 2022

Taller de perfumes en 2º

Onte recibimos a visita de Raquel Carballo. 
Con ela aprendimos a facer perfumes naturais empregando aceites e cera de abella. 
Foi una experiencia moi bonita e desfrutamos moito. 
Moitas grazas, Raquel


 

10 de mar. de 2022

"Avoas"

 Hoxe, o alumnado de Quintela, achegámonos á sala “Celso Parada” para ver a obra de teatro titulada “Avoas” da compañía de teatro “Run Run” da que forma parte a nosa profe Galicia.

Estas fantásticas avoas invitáronos a participar nas actividades da súa Asociación. 

Con elas desfrutamos moito e coñecimos as grandes historias dalgunhas mulleres bravas.








Día da árbore

 Aínda que con algo de retraso, aquí vos deixamos unha mostra da saída ao monte da Fraga na que participamos as clases de 2º e 3º con motivo da celebración do "Día da árbore".

A actividade foi organizada polo Concello de Moaña dentro do programa "Aprende Moaña" e nela  colaboraron as Comunidades de Montes.

Prantamos árbores, compartimos momentos disfrutando da natureza e bailamos coa actuación musical da "Orquesta Pantasma"



9 de mar. de 2022

Aprendemos a manexar ordenadores en 2°

 

Na aula de 2º estamos aprendendo a manexar ordenadores (encendido, apagado, conectar rato, abrir carpetas, gardar documentos). Para iso, aproveitamos o poema que escribirmos no día de Rosalía. Traballamos sobre a aplicación Microsoft Office Word, no que aprendemos sobre tamaño de letra, acentuación das palabras, maiúsculas e minúsculas, enter, barra espaciadora....




8 M “Día da muller”


Para a celebración do "Día da muller" a clase de 2º colaborou na elaboración do mural “Mulleres Bravas” 

Traballamos a figura de “Marisa Núñez” mestra  e escritora e tamén unha fantástica contadora de historias  e a figura de “Ashley Fiolek” unha gran corredora de motocross.






DigiCraft no teu cole. Axudamos a Diodi na aula de 1º de primaria

 Nesta sesión, os nenos e nenas tivemos que prestar a nosa axuda a Diodi, a mascota do proxecto DigiCraft, para conseguir abrir un maletín que contén todo o material para traballar nas vindeiras sesións. O maletín estaba pechado cun cadeado e Diodi non lembraba o contrasinal. Para axudarlle, resolvemos unha serie de pistas que nos levaron a conseguir os números para abrir o cadeado. 

Gustounos moito!





As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas