Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto: Teatro Quintela. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto: Teatro Quintela. Amosar todas as publicacións

26 de xuño de 2025

Descubrindo o vocabulario do teatro 🎭

 Neste proxecto, un grupo de nenos e nenas mergullouse no apaixonante mundo do teatro para investigar e aprender o seu vocabulario específico. Palabras como produción, atrezzo ou escenografía cobran vida nas súas investigacións e actividades, achegándoos a esta arte tan especial. Aquí vos mostramos o resultado do seu traballo, cheo de curiosidade e entusiasmo!





19 de xuño de 2025

Investigando sobre o teatro

Durante este curso traballamos todo o colexio co teatro sen parar. Ao alumnado de 2º de EP tocounos investigar sobre os oficios do teatro e aquí tendes o resultado da nosa investigación. ARRIBA o TEATRO!


Teatro "O GATO LAMBÓN"

 Este ano o alumnado de 2º fixo unha obra de teatro a partir do conto de "O gato lambón" de Patacrua e Oliveiro Dumas publicado por Kalandraka.

O alumnado fixo de artistas plásticos, diseñadores, autores, adaptadores, periodistas, directores, actores e actrices e moito máis nestes videos poderedes ve run pouquiño do making off do seu traballo e a gran actuación destes fantásticos actores e actrices!



GRAN ESTREA MUNDIAL!!!

15 de maio de 2025

Arte na aula de 2°

 Dentro do proxecto:"COUSAS DE MOAÑA: O noso fogar" o alumnado pensou que cousas lles gustaría ter en no seu pobo.

E para iso o alumnado de segundo está a facer construccións de papel: fábricas, parques de xogos, circuitos de coches e motos...

Logo as utilizaremos como escenarios para as nosas historias, faremos textos, teatro, e personaxes para xogar con elas.

A gozar!!!






14 de abr. de 2025

Aprendemos sobre teatro

 Na biblioteca, recibimos a Borja, o monitor do Plan Madruga, que nos fixo o favor de contarnos un pouco sobre o mundo do teatro; e trouxo de visita a " Loli" a dos "Bolechas", e a outro amigo seu para que vísemos como funcionaba o mundo dos títeres.

Pasamos unha xornada moi divertida. Moitas grazas Borja.

26 de mar. de 2025

DÍA DA POESÍA

 O 21 de marzo, no Día da Poesía, o alumnado de Quintela, intercambiou uns fermosos poemas dramatizados cos seus padriños e madriñas lectores. Unha vez recitados os poemas, intercambiaron cos seus amigos e amigas os poemas e unha flor feita por eles.

O alumnado de 1ºP  fixo os recitados co alumnado de 5ºP, e o alumnado de 2ºP co de 6ºP.


25 de mar. de 2025

TEATRO: CONTOS de RATIÑOS de Arnold Lobel - 2ºEP

O alumnado de 2º de EP adaptaron o libro "contos de ratiños" de Arnold Lobel publicado pro Kalandraka para o teatro. Costoulles moitos esforzo de moito traballo. Nestes vídeos podedes disfrutar do MAKING OFF con todo o seu traballo:
E a continucación poderedes ver a posta en escena dos catro contos que elexiron: "Rato alto e rato baixo" adaptado polo alumnado de 2ºEP:
"Rato e os ventos" adaptado polo alumnado de 2ºEP:
"O rato vello" adaptado polo alumnado de 2ºEP:
"O pozo dos desexos" adaptado polo alumnado de 2ºEP:

10 de mar. de 2025

Día da Muller

 No cole, conmemoramos o Día da Muller aprendendo sobre “Mulleres no teatro”. Cada aula fixo a súa investigación e, posteriormente, fixemos un mural no que amosaron os seus traballos.







28 de feb. de 2025

O ENTROIDO na aula de 2ºEP

O alumnado de 2º festexou o entroido no cole cun obradoiro proposto dende a biblioteca, ademáis este ano disfrazámonos de mimos e pasámolo xenial!!!
Tamén durante este tempo estivemos traballando o CINE MUDO e en especial a MARCEL MARCEAU e o alumnado imitou a este gran artista. Atreveríaste a adiviñar o que están a facer?

7 de nov. de 2024

Teatro Quintela

Comeza un novo proxecto neste curso 24/25.  Este ano investigaremos sobre o teatro. 

O primeiro día o alumnado entrou nun cole convertido por un día nun teatro, e levaron unha entrada invitando a toda a comunidade educativa a disfrutar dun curso cheo de teatro.

Espéranos un curso cheo de diversión e maxia, apredendo guións, bailes, sendo actores e actrices, preparando maquillaxes, vestiarios, escenarios, pero sobre todo...disfrutando do teatro.


As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas