30 de xan. de 2023

DigiCraft no teu cole. Códigos QR e realidade aumentada na aula de 1º de primaria

 

Este curso, os nenos e nenas de 1º están traballando no proxecto DigiCraft, destinado a mellorar a competencia dixital no alumnado.

Nesta sesión, traballamos buscando información sobre dinosaurios a través de códigos QR que nos permitían velos en realidade aumentada. Anotamos os datos nunha ficha e debuxamos as súas pegadas.

Gustoulles moito!



25 de xan. de 2023

DigiCraft no teu cole. Placas Makey Makey en 2º de primaria

 Na aula de 2º traballamos sobre o concepto de virus nos dispositivos electrónicos e no dano que ocasionan cando entran neles.

A continuación fixemos un xogo coas placas makey makey nas que tiñamos que quitar da pantalla do noso dispositivo todos os virus que o estaban contaminando.

Pasámolo xenial!



16 de xan. de 2023

Guess the present! Adiviñamos os nosos agasallos do Nadal na aula de inglés.

Non hai dúbida de que a todos nos encanta falar dos regalos que recibimos durante as vacacións do Nadal! Por iso, na aula de Inglés, fixemos un xogo para adiviñar o que Santa Claus e os Tres Reis Magos nos trouxeron. 



As instrucións eran sinxelas: volver a empaquetar o noso agasallo favorito en papel de regalo e preparar 3 pistas en inglés para que os demais intenten adiviñar o seu contido. O resultado foi o seguinte:




Pasámolo xenial e adiviñámolos todos, aínda que algún precisou algunha pista extra! Gracias as nosas familias molonas pola vosa colaboración! 

12 de xan. de 2023

Que gusto aprender matemáticas na aula de 2°

 Os nenos e nenas de 2° traballamos a medida lanzando avións  de papel feitos por nós.  Medimos a distancia acadada coa cinta métrica e anotamos os resultados na ficha de rexistro. Por último, na clase, calculamos o total dos diferentes equipos e comparámolos nunha gráfica de barras.

Que divertido foi!




11 de xan. de 2023

Os maiores axudan aos pequenos de 1° de primaria a facer a postal de Nadal

 Que postais para felicitar o Nadal tan fermosas fixeron os nenos e nenas de 1° coa axuda dos maiores do cole, os nenos e nenas de 6° de primaria. Que pracer volver compartir momentos…



As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas