Os piratas de 1º e 2º de Primaria cantaron a copla e pasaron un divertido Entroido!!!
27 de feb. de 2023
Digicraft no teu cole. Padlet na aula de 2°
Que divertido foi aprender a clasificar as distintas cartas de extreterrestres na aplicación Padlet seguindo criterios como forma, complementos, extremidades...
16 de feb. de 2023
AS BATEAS
11 de feb. de 2023
Educación Física en 1° e 2°
Traballamos os saltos empregando os números do dado para avanzar nas cuadrículas que temos no chan na aula de 2° e cruzando un río cheo de pirañas pasando de aro en aro na aula de 1°.
Foi moi divertido!
7 de feb. de 2023
Obradoiro de Circuitos de papel con Led con Paola Guimeráns
Hoxe tivemos un día moi especial. Visitounos Paola Guimeráns e ensinounos a facer circuitos con luces Led en papel.
Na aula de 2º creamos un persoaxe ao que se lle acendía o nariz e eles tiñan que inventar unha historia contando o motivo polo que o nariz alumeaba e debuxarlle un amigo ou amiga.
Grazas Paola por ensinarnos tanto!
4 de feb. de 2023
DigiCraft no teu cole. Concepto de netiqueta en 2°
Nesta sesión, o alumnado aprendeu cal é o comportamento correcto mentres navegamos por internet (concepto de netiqueta) movéndose por un espazo virtual intentando averiguar a identidade dun animal que tiña preocupada a unha aldea co son que emitía. Descubriron que cousas debemos e non debemos publicar a través das redes (fotografías sin permisos, imaxes da nosa vivenda, da rúa na que vivimos, o noso número de teléfono...)
Foi moi interesante todo o que falamos.
2 de feb. de 2023
February English Challenge
Bos días familias! Aproveitando a ocasión do Entroido, o reto que vos propoñemos este mes dende a área de inglés é facer ‘Carnival crepes’, e dicir, filloas de Entroido. Tedes a receita a continuación. Esperamos que disfrutedes moito este novo desafío!
Hora de ler en 1º
1 de feb. de 2023
DÍA DA PAZ
Polo Día da Paz, recibimos a visita da Fundación Provincial do Banco de Alimentos de Vigo, que teñen como principal obxetivo axudar aos máis vulnerables, a través de colectivos sociais, ONGs, etc.
Visitáronnos dúas voluntarias da asociación e explicaron ao alumnado cal é a súa función e como podemos axudar.
Para a ocasión organizouse unha campaña de recollida de alimentos na que participou toda a comunidade educativa.
Grazas a todas as familias pola vosa colaboración e implicación!!!