Amosando publicacións coa etiqueta Educación e igualdade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Educación e igualdade. Amosar todas as publicacións

12 de mar. de 2019

DÍA DA MULLER TRABALLADORA EN 3º E 4º

O luns 11 recibimos a visita de Susana Cordeiro, unha profesional e campeona de TAIKIC (unha modalidade de arte marcial). 
Ademais de falarnos da técnica deste deporte, transmitiunos a importancia do uso do deporte como transmisor de valores e de autocontrol.



24 de nov. de 2016

Unha feliz catástrofe

Deixámosvos uns contiños que axudan a pensar . En primeiro lugar unha feliz catástrofe, de Adela Turín e Nella Bosnia , publicado na Ed. KalandraKa, e anteriomente en Lumen.


30 de nov. de 2014

Como nacemos

Na clase de estudo de 2º, aprendemos como nacemos, qué comparten os papás e as mamás para teren fillos ou fillas, coñecemos distintos tipos de familias... Velaquí tedes o vídeo coa montaxe que fixemos coas nosas voces e debuxos. Esperamos que vos guste!

 

25 de nov. de 2013

25 de novembro : Día Internacional da non violencia contra a muller

O 25 de novembro foi declarado pola ONU o día Internacional da Eliminación da violencia contra as mulleres.
Escolleuse ese día para lembrar as irmás Mirabal.


Para traballar a igualdade, vede aquí este traballo do noso alumnado:
 Rosa Caramelo, un conto de Adela Turín para tratar o tema do sexismo .

E este ano Kalandraka Editora publicou outro dos álbumes ilustrados desta autora: A Historia dos bonobos con lentes, outro fabuloso título sobre a igualdade e a coeducación:

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas