O martes recibimos a visita de David, o pai de Naiara. Cómo o luns celebramos o Magosto, él aproveitou a contarnos como antigamente as castañas se empregaban moito máis nas comidas. O que agora se cociña con patacas, antes facíase con castañas e falounos de como a pataca chegou de América. Contounos unha morea de historias: díxonos que o pau que golpea o gran no muíño se chama cacarexo!; de ónde ven a palabra muiñeira e incluso fixemos o ritmo da muiñeira coas mans... Moitas grazas David pola túa visita!
Nos últimos días de Outubro estivemos preparando as nosas terroríficas arañas e gozando das preciosas e horripilantes cabazas que decoramos e trouxemos das nosas casas para celebrar o Samaín. Tivemos moitos sustos eses días...
Neste pasado mes de outubro os nenos e nenas de primeiro curso estivemos preparando e plantando os nosos bulbos para que, con un pouco de sorte e coidados, poidamos ter unhas fermosas flores para a primavera. Antes demos un paseo polo noso cole para coñecer as nosas plantas e as súas características.
O alumnado de 2º curso fixo un circuito en Educación Física dos que facían cando estaban en Infantil, pero este era máis complicado, porque xa somos maiores!
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas