Así quedou a nosa horta antes das vacacións de Semana Santa. As nosas plantiñas van medrando! Desfrutade e descansade!
24 de mar. de 2024
21 de mar. de 2024
Inglés e impresora 3D en 2°
O alumnado de 2º estivo aprendendo sobre o fogar nas clases de inglés. Crearon unha casa e puxeron os nomes das distintas cousas que podemos atopar nunha imprimíndoos coa impresora 3D. Empregaron o programa Tinkercad para a elaboración e diseño.
Moi bo traballo rapaces!
19 de mar. de 2024
Obradoiro de pan
Ruth estivo no cole para ensinarnos a facer pan. Ela amasou e logo nós fixemos pauciños. Riquísimos!
Moitas grazas, Ruth!
Tocamos láminas
Na clase de música estivemos tocando xilófonos, metalófonos e carillóns. Temos que estar moi concentrados e concentradas, para ir cambiando de man, repetir ritmos, tocar no centro da lámina… son moitas cousiñas, pero nos sae xenial!
15 de mar. de 2024
Xogo por estacións
Na clase de 2º, gozamos cos xogos de mesa por estacións: os equipos van rotando e cambiando de xogo ao longo da sesión.
O xogo é fundamental para o desenvolvemento dos nenos e nenas. A través del, aprenden de forma lúdica matemáticas, letras... entrenan a velocidade de procesamento da información, a lóxica... E ademais, aprenden a gañar e a perder, a acompañar a quen gaña e acompañar a quen perde. Todo son vantaxes!
12 de mar. de 2024
2º planta na horta
Hoxe plantamos na horta: acelgas, cabaciños e acelgas. Fixemos un buratiño, mesturamos compós coa terra, puxemos a plantiña e regamos.
8 de mar. de 2024
Ciencias da natureza en 1°
Hoxe, estivemos curioseando sobre como é o noso corpo por dentro. Fixémolo coa camiseta e a aplicación Magic T-Shirt.
Descubrimos que temos costelas que protexen ao corazón, vimos un “guisante” que resulta que é a vesícula, tamén pensamos que os intestinos eran vermes….. En fin…. Aprendemos unha morea de cousas e rimos moito!
6 de mar. de 2024
Traballamos nos recantos da biblio en 2° de primaria
Estivemos aprendendo a manexar a aula virtual, traballamos retos con Scratch, aprendemos a xogar co Robot Turtles, xogamos coa Osmo e tamén aprendemos as normas do Concept.
Día de Rosalía
Esta é a peli que fixemos con el