29 de abr. de 2021

As familias contan en 2º

Seguimos en abril e siguen as visitas das familias para compartir con nós un momento de lectura. Neste día recibimos a Diana, a mamá de Carmen. 
          Contáronnos a historia de La ovejita que vino a cenar, de Steve Smallman.

Tamén nos regalaron a fermosísima historia titulada Mi monstruo y yo, de Nadiya Hussain.

Moitísimas grazas!!

28 de abr. de 2021

As familias contan en 2º

 Seguindo coa celebración, a mamá de Valeria, Olga, tamén viu coñecer a nosa aula e contounos dous maravillosos contos.

Na fotografía estanos lendo Isto non é unha selva de Susanna Isern.

ISTO NON E UNHA SELVA | ISERN SUSANNA Y BONILLA ROCIO | Casa del Libro 

Tivemos a sorte de que quixeron compartir outra historia con nós, a historia de Axente Riciños escrita por Hematocrítico, chulísima!

Moitísimas grazas por vir compartir con nós ese momento!

27 de abr. de 2021

As familias contan en 1º

 Hoxe visitounos Tania, a nai de Iago.

Contounos o conto "Con Tango son tres" no que unha parella de pingüíns ve enriquecida a súa vida tras a chegada do ovo tan esperado.











O conto está baseado nunha historia real que aconteceu no zoo de Central Park e que podedes ler a continuación.

Grazas Tania, pola túa historia!




As familias contan en 2º

Co gallo da celebración do mes dos libros, onte, Eva, a mamá de Uxía, viu lernos uns contos. Tiñamos moitas ganas de poder compartir a nosa aula e o noso tempo con vós!

Na foto estanos lendo o libro Como esconder un león, de Helen Stephens.
Cómo esconder un león (B de Blok): Amazon.es: Stephens, Helen: Libros

De sorpresa regaláronnos un bis, o conto titulado Tu alien de Tammi Sauer e Goro Fujita.

 Moitas grazas!


23 de abr. de 2021

DIGICRAFT NO TEU COLE. PROGRAMAMOS ROBOTS CREADOS POR NÓS EN 1° E 2°

 

Esta semana, creamos robots con material de refugallo e, con códigos de frechas, programamos os seus movementos polo taboleiro. Gustounos moito!



1º na exposición da biblioteca

Feliz día do libro!


As familias contan en 1º

 Onte visitounos María, a tia de Julia, para contarnos o conto   "Te quiero (casi siempre)"

Conta a historia do vagalume Rita e do becho bóla Lolo, dous animaliños moi diferentes pero que se queren moito. 

Que as súas diferenzas os una ou os separe dependerá deles.

Moitas grazas, María!






As cancións favoritas da clase das serpes! (6/6)

 Bo día, Quintela!

Nesta serie de seis episodios ímosvos contar as nosas cancións favoritas, agardamos que vos gusten tanto coma a nós :)

22 de abr. de 2021

As cancións favoritas da clase das serpes! (5/6)

 Bo día, Quintela!

Nesta serie de seis episodios ímosvos contar as nosas cancións favoritas, agardamos que vos gusten tanto coma a nós :)

21 de abr. de 2021

As familias contan

 

Onte recibimos a visita de Lorena, a nai de Mara.

Estivo contándonos o conto titulado "Así es mi corazón".

Un conto cheo de corazóns e sentimentos.

E ti, de que cor tes hoxe o teu corazón?

Moitas grazas, Lorena pola túa visita e o teu conto!


                

As cancións favoritas da clase das serpes! (4/6)

 Bo día, Quintela!

Nesta serie de seis episodios ímosvos contar as nosas cancións favoritas, agardamos que vos gusten tanto coma a nós :)

20 de abr. de 2021

As cancións favoritas da clase das serpes! (3/6)

 Bo día, Quintela!

Nesta serie de seis episodios ímosvos contar as nosas cancións favoritas, agardamos que vos gusten tanto coma a nós :)

19 de abr. de 2021

DIGICRAFT NO TEU COLE. COSPACES E ASISTENTE DE GOOGLE EN 1° E 2°

 Nesta sesión, tivemos que buscar pistas sobre un animal descoñecido nun mundo virtual e, con esa información, preguntar ao asistente de google para adiviñar a súa identidade. Gustounos moito!



As cancións favoritas da clase das serpes! (2/6)

 Bo día, Quintela!

Nesta serie de seis episodios ímosvos contar as nosas cancións favoritas, agardamos que vos gusten tanto coma a nós :)

16 de abr. de 2021

As cancións favoritas da clase das serpes! (1/6)

 Bo día, Quintela!

Nesta serie de seis episodios ímosvos contar as nosas cancións favoritas, agardamos que vos gusten tanto coma a nós :)

12 de abr. de 2021

DIGICRAFT NO TEU COLE. PLACAS MAKEY MAKEY EN 1° E 2°

 

Nesta sesión, o alumnado traballou coas placas Makey Makey nun xogo no que tiñan que quitar virus das súas pantallas de ordenador (os virus son algo malo para os dispositivos electrónicos).


9 de abr. de 2021

Decímoscho nós edición musical (4/4)

Bo día Quintela! Para comezar o derradeiro trimestre, a clase de segundo fixemos catro novos programas de Decímoscho nós! Velaquí tedes o do día de hoxe, agardamos que vos guste :)

8 de abr. de 2021

Decímosvolo nós edición musical (3/4)

Bo día Quintela! Para comezar o derradeiro trimestre, a clase de segundo fixemos catro novos programas de Decímosvolo nós! Velaquí tedes o do día de hoxe, agardamos que vos guste :)

7 de abr. de 2021

Decímoscho nós edición musical (2/4)

Bo día Quintela! Para comezar o derradeiro trimestre, a clase de segundo fixemos catro novos programas de Decímosvolo nós! Velaquí tedes o do día de hoxe, agardamos que vos guste :)

6 de abr. de 2021

Decímosvolo nós edición musical (1/4)

Bo día Quintela! Para comezar o derradeiro trimestre, a clase de segundo fixemos catro novos programas de Decímosvolo nós! Velaquí tedes o do día de hoxe, agardamos que vos guste :)

1 de abr. de 2021

DIGICRAFT NO TEU COLE. PLACAS MAKEY MAKEY EN 1º E 2º


Nesta sesión, o alumnado traballou coas placas Makey Makey, creando un xilófono para posteriormente conectalo as placas e poder así crear música. Estivo xenial!


As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas