28 de maio de 2017

Festival Letras Galegas 2017

Aquí temos os vídeos das Letras Galegas. Grazas a Xosé Villaverde "Villa", avó de Claudia que colaborou con nós facendo as fotos e vídeos do festival.




20 de maio de 2017

Visita á Comicon

Este ano ocelebrouse por primeira vez a Comicon en Moaña. Era unha exposición de Banda Deseñada, pero non só iso, tamén houbo música, obradoiros e baile.

A clase de segundo fomos admirar a flashmob que fixeron os nosos compañeiros, e o traballo que realizamos entre todos!




11 de maio de 2017

Contacontos IES Carlos Casares

Hoxe aprendemos un pouco máis de Carlos Casares, o escritor das Letras Galegas 2017.
Viñeron ao cole un grupo de alumnos e alumnas do IES Carlos Casares de Vigo que investigaran moito sobre o escritor, tanto que lle deron no curso pasado un premio de Innovación en Normalización Lingüística .
Contáronnos un conto e xogamos a dous xogos on line que eles crearon coa axuda das súas profes.
Pasámolo moi ben, foi moi divertido ver como saían os personaxes de Casares no quebracabezas e na oca.
Moitas grazas Rubén, Lucía e Marta , e tamén ás profes Enma e Bea!!!!




10 de maio de 2017

Os contos das familias

Martiño tiña moitas ganas de que o seu pai viñese contarnos un conto. Así o fixo, compartiu connosco un delicioso conto ilustrado por Gemma Sales "Los buenos amigos"


9 de maio de 2017

O instituto fixonos unha visita!

Como ben sabedes, este ano adícaselle o día das Letras Galegas a Carlos Casares. Co gallo de ensinarnos un pouco máis sobre este autos o alumnado do IES Carlos Casares viñeron ao cole a compartir un momento con nos.

Xogamos en liña cos aplicacións que eles mesmos crearon. Podédelas atopar no seguinte enlace:
https://galaxiacasares.wordpress.com/










Tamén nos enseñaron unha canción que nos encantou!


7 de maio de 2017

A banda deseñada en primeiro curso

Os nenos e nenas de 1º estiveron analizando os libros de banda deseñada e, chegaron a conclusión de que teñen cousas moi curiosas que os libros de narrativa non teñen. Mirade que dixeron....


5 de maio de 2017

As familias contan

Marta veu á clase de primeiro cun interesante conto  de Gerónimo Stilton. Era ademais o primeiro conto que Mara mercara nun mercadillo solidario. 


O conto fala de Oliver, un neno que ten que desprazarse en cadeira de rodas e que vai atopando todo tipo de dificultades para poder moverse.


Marta explicounos que iso eran barreiras arquitectónicas e nós dixemoslle que as atopamos cando vimos andando ao cole e que a algúns dos nosos  avós tamén lle pasaba, non podían acompañarnos ao cole porque polo camiño as beirarrúas non tiñan rampas nin eran o bastante amplas.

Marta e Fran deixáronnos unha caixiña dos desexos , para que fósemos gardando alí os nosos desexos. Alí a temos, enchéndose aos poucos.



4 de maio de 2017

A FROITA FAVORITA EN 2º CURSO

OS NENOS E NENAS DE 2º CURSO FIXEMOS UN CHATTERKID COA NOSA FROITA FAVORITA. MIRADE QUE BEN NOS QUEDARON!!!!



As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas