Marta veu á clase de primeiro cun interesante conto de Gerónimo Stilton. Era ademais o primeiro conto que Mara mercara nun mercadillo solidario.
O conto fala de Oliver, un neno que ten que desprazarse en cadeira de rodas e que vai atopando todo tipo de dificultades para poder moverse.
Marta explicounos que iso eran barreiras arquitectónicas e nós dixemoslle que as atopamos cando vimos andando ao cole e que a algúns dos nosos avós tamén lle pasaba, non podían acompañarnos ao cole porque polo camiño as beirarrúas non tiñan rampas nin eran o bastante amplas.
Marta e Fran deixáronnos unha caixiña dos desexos , para que fósemos gardando alí os nosos desexos. Alí a temos, enchéndose aos poucos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios