29 de abr. de 2015
1º e 2º en Soutomaior
O martes 21 fomos de excursión ao castelo de Soutomaior como remate do proxecto " Os castelos". Compartimos con vós estas fotos para que vexades o ben que o pasamos e o que aprendemos.
28 de abr. de 2015
Bea vén contarnos un conto
Bea, a mamá de Aldara fixo unha visita á clase de 1º.
Pasámolo moi ben!
Contounos un conto chulísimo!
Traía feitas todas as personaxes e unha delas era un crebacabezas.
Ao final deixounos facelo a nós!!
Pasámolo moi ben!
Contounos un conto chulísimo!
Traía feitas todas as personaxes e unha delas era un crebacabezas.
Ao final deixounos facelo a nós!!
Unha contacontos especial
Recibimos a visita dunha contacontos moi especial. A mamá de Samuel de 3º, Astrid, veu polas clases a contarnos un conto en inglés porque ela fala moi ben o inglés, xa que naceu en Norteamérica e sabe contar moi ben. Aprendemos unha canción cos nomes das cores e, por nós, pode vir máis veces.
Moitas grazas de parte da clase de 2º. As fotos din como estabamos atendendo.
Moitas grazas de parte da clase de 2º. As fotos din como estabamos atendendo.
9 de abr. de 2015
1º planta na horta
Onte, os nenos e nenas de primeiro, estivemos traballando na horta. Tocounos plantar leitugas e cabaciñas.
Aquí tedes unhas fotos que mostran o entretidos que estivemos e o moito que aprendemos.
Aquí tedes unhas fotos que mostran o entretidos que estivemos e o moito que aprendemos.
Etiquetas:
Curso 2014-2015,
Voz Natura
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas