Queres facer unha foto cos Reis Magos? Solo tes que escoller o lugar, e responder as preguntas...
Visto en Casa de tol@s
28 de dec. de 2011
20 de dec. de 2011
14 de dec. de 2011
Buguinas
Camiño de escuma, xardín de coral, murallas de area, brillante ventás, BUGUINAS os timbres...
¿Quen quere chamar ? ( Ana M. Fernández ).
Escoitade ás buguinas. Teñen moitas cousas que contarvos.........
¿Quen quere chamar ? ( Ana M. Fernández ).
Etiquetas:
2º de Primaria,
Competencia na expresión oral,
Curso 2011-2012
3 de dec. de 2011
A poesía do mes de Novembro
Este mes na clase de primeiro escollemos a nosa poesía favorita. : "O rato e a lúa" de Antonio García Teijeiro.
O poema aprenderonno na casa, coas súas familias. Xa sabedes que os poemas en familia soan mellor. Aqui tedes o recado para as familias.
A vindeira semana iremos recitalo a outras clases.
O poema aprenderonno na casa, coas súas familias. Xa sabedes que os poemas en familia soan mellor. Aqui tedes o recado para as familias.
A vindeira semana iremos recitalo a outras clases.
UN RATO DÍXOLLE Á LÚA:
-“NUNCA REPARAS EN MIN,
POR ISO VIVO NA RÚA
METIDO NUN CALCETÍN.”
ELA FITOUNO ABRAIADA.
DÉRONLLE GANAS DE RIR.
DAQUELA APAGOU A LÁMPADA
E DISPÚXOSE A DURMIR.
POLO DESPREZO DA LÚA
O RATIÑO, ALPORIZADO,
BERROULLE CON MOITA FORZA:
-“XA
NON ESTOU NAMORADO!”
“Lueiro de papel”. Antonio García Teijeiro.”
O libro do mes de Novembro
Os nenos e nenas de primeiro escolleron o libro do mes de Novembro.
Elixen entre os libros que lles len as profesoras.
Nesta ocasión, a elección foi moi reñida.
Os finalistas foron "Sacapenas" e "Crictor".
o Sacapenas deunos pé para debuxar moitos Sacapenas, e mesmo facer algún. Ademais, foron contándolles as súas preocupacións, que son moitas.
Pero saiu gañador "Crictor" de Tomi Ungerer, editado por Kalandraka. A historia da serpe resultoulles moi atractiva, pero aprender a pronunciar en francés "Madame Louise Bodot" foi todo un reto. Mesmo todos aprendemos a decir "Madame" e "Monsieur" con un fabuloso acento francés.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas