21 de dec. de 2019

A VISITA DOS REIS MAGOS

Aquí deixamos o resumo da visita dos Reis Magos de Oriente ao noso cole. Grazas por compartir un chisco do voso tempo con nós!







19 de dec. de 2019

Visita do carteiro en 1º e 2º

Esta semana recibimos a visita de Miguel, un carteiro de Moaña.
Fixémoslle moitas preguntas e aprendemos unha chea de cousas relacionadas co seu traballo. 
Moitas grazas Miguel por dedicarnos un pouquiño do teu tempo.




FELICITACIÓN DE NADAL DO ALUMNADO DE 2º CURSO


Os nenos e nenas de 2º desexámosvos unhas felices festas!


Felicitación de Nadal de Primeiro

A clase de primeiro quere compartir con todas as familias e personas achegadas,  a súa mensaxe  de Nadal.



XOGAMOS COA REALIDADE AUMENTADA NA AULA DE 2º

Hoxe, o alumnado de 2º de primaria coñeceu a aplicación WAFTY a través dun xogo.
Tiñamos que adiviñar o debuxo que un compañeiro ou compañeira facía na tablet con esta aplicación de realidade aumentada e avanzar nas casiñas do taboleiro. Gustounos moitísimo e pasámolo xenial!











9 de dec. de 2019

CREAMOS UN VIDEOXOGO EN 2°




Os nenos e nenas de 2° aprenderon a crear videoxogos de plataforma coa aplicación DRAW YOUR GAME. Gustoulles moito!



2 de dec. de 2019

Proxecto Dragón de Komodo

As nenas e nenos de 2º estivemos investigando sobre o Dragón de Komodo e xa sabemos unha chea de cousas. 
A semana pasada compartimos todo o que aprendemos cos compañeiros e compañeiras da clase de 3º
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas