Incluída no programa "Coñece Moaña", impulsado polo Concello, os nenos e nenas de 1º de primaria participaron na visita guiada pola asociación "Illa dos Ratos" á praza de abastos.
Foi xenial porque aprenderon moito, por exemplo:
-O peixe azul ten a aleta caudal en forma de frecha.
-O peixe branco ten a aleta recta.
-Os peixes planos son os que viven nos fondos mariños.
Tamén puidemos falar coas diferentes traballadoras da praza: peixeiras, carniceiras e froiteiras.
.jpeg)

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios