Zoilo, o pai de Breixo, estivo no cole para contarnos como é o oficio de mariñeiro:
29 de abr. de 2013
23 de abr. de 2013
Os de sexto na hora de ler
Na hora de ler, os nenos e nenas de 2º de Primaria recibiron a visitan dos maiores do cole, cargados de contos . Espallados por recantos, compartiron contos e lecturas:
Etiquetas:
2º de Primaria,
Curso 2012-2013,
Fomento da lectura
22 de abr. de 2013
Boas noticias para o cole
Onte, sábado 20 de Abril, tivo lugar a XXII edición dos premios da Irmandade do libro, que concede a
Federación de Librarías de Galicia., para premiar os traballos relacionados co libro e a lectura no ano 2012. O noso centro recibiu o premio da categoría centros de Ensino.
O acto celebrouse na Casa da Cultura de Monforte de Lemos, e nel estivo presente o Consellerio de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, que nos fixo entrega do diploma acreditativo, e unha escultura de bronce de Ismael López Fernández., ademais de un lote de libros por valor de 2000 euros.
O prestixioso premio ten varias categorias. Os premiados de este ano foron:
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Brétemas
Faro de Vigo
La Voz de Galicia
Federación de Librarías de Galicia., para premiar os traballos relacionados co libro e a lectura no ano 2012. O noso centro recibiu o premio da categoría centros de Ensino.
O acto celebrouse na Casa da Cultura de Monforte de Lemos, e nel estivo presente o Consellerio de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, que nos fixo entrega do diploma acreditativo, e unha escultura de bronce de Ismael López Fernández., ademais de un lote de libros por valor de 2000 euros.
O prestixioso premio ten varias categorias. Os premiados de este ano foron:
- Autora: María Xosé Queizan
- Libro do ano 2012: "A noite branca" de Francisco Fernández Naval
- Obra Editorial do ano 2012: "Guías de natureza" de Baía
- Libraría "Kómic" de Santiago de Compostela
- Fomento da Lectura: A web "Galicia Encantada"
- Recoñecemento especial a Antonio Fernández Maira, pola súa labor como coordinador da Federación de Libreiros
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Brétemas
Faro de Vigo
La Voz de Galicia
21 de abr. de 2013
Estes somos nós
Este é o vídeo que gravou oalumnado de 1º, para presentarse ao grupo de 1º do Ceip Condesa Fenosa do Barco de Valdeorras:
Etiquetas:
1º de Primaria,
Curso 2012-2013,
Proxecto Innovación
18 de abr. de 2013
16 de abr. de 2013
Recitando a Rosalía de Castro
Os nenos e nenas de 6º Infantil, xunto cos nenos de 1º, recitamos un poema de Rosalía de castro de Cantares Gallegos.
15 de abr. de 2013
Hugo e o oficio de prateiro
Hugo explicounos o oficio de prateiro, e logo respondeu un montón de preguntas dos seus compañeiros.
Alba e o oficio de rotulista
Hoxe Alba explicounos cousas do oficio de rotulista, o oficio do seu pai, e trouxonos uns agasallos:
Unhas pegatinas do ratiño Paco, resistentes a auga, e un friso de peixes, que imos usar para decorar a nosa aula:
Unhas pegatinas do ratiño Paco, resistentes a auga, e un friso de peixes, que imos usar para decorar a nosa aula:
12 de abr. de 2013
Videoconferencia co Loroparque
Hoxe, os pequenos de 6º de Infantil, xunto cos nenos e nenas de 1º, participaron nunha videoconferencia co Loro Parque. Éste é un parque temático, ubicado en Tenerife, que ten animais tan interesantes como as orcas, delfíns, leóns mariños, loros, etc. Este mes estivo adicado aos delfíns e hoxe fixemos unha conexión en directo con eles. Puidemos ver en directo un entrenamento cos seus monitores e nos deleitaron cuns maravillosos saltos. Explicáronnos moitísimas cousas: por onde respiran, que comen, cantos dentes teñen, as partes do seu corpo,... Dixéronnos que podían medir como tres nenos xuntos, así que nos tumbamos nunha mesa e comprobamos canto era iso, un montón!. Foi toda unha experiencia para todos nós. Esperamos con impaciencia unha próxima vez!
Etiquetas:
1º de Primaria,
Curso 2012-2013,
Proxecto: O mar
11 de abr. de 2013
10 de abr. de 2013
Xoga co Tangram
Clica na imaxe para xogar co tangram. Deixa que cargue, escribe o teu nome,e escolle nivel e figura.
Queres saber cousas do Tangram? Entra na web do CEIP Pino de Val
Etiquetas:
Competencia matemática,
Curso 2012-2013,
Ferramentas dixitais
8 de abr. de 2013
O traxe novo do emperador
En abril, contos.
Xoga co conto do traxe novo do emperador.
Visto en Recursos TIC para un aula PT en Galicia
Xoga co conto do traxe novo do emperador.
Visto en Recursos TIC para un aula PT en Galicia
Etiquetas:
Curso 2012-2013,
Ferramentas dixitais,
Fomento da lectura
As medusas de primeiro
Este curso Paco quere saber moitas cousas sobre o mar. Na clase de 1º fixemos unhas medusas moi xeitosiñas para decorar o cole. Pasámolo moi
ben decorándoas. Agardamos que vos
gusten.
Etiquetas:
1º de Primaria,
Competencia artística,
Curso 2012-2013,
Proxecto: O mar
7 de abr. de 2013
6 de abr. de 2013
Damos masaxes
Na clase de Estudo, nos damos masaxes... Canto nos gusta!
Etiquetas:
2º de Primaria,
Competencia emocional,
Curso 2012-2013
5 de abr. de 2013
Charla para as familias
Queridas familias:
Conscientes da crecente preocupación polo coidado do medio ambiente e da nosa saúde, dende o Equipo de Natureza, queremos convidarvos a unha charla informativa sobre os grupos de consumo ecolóxico. Nela, trataremos os seguintes temas:
· Unha alimentación máis saudable e natural para os nosos fill@s.
· Coñecer de onde proceden os alimentos que consumimos.
· A cociña con alimentos frescos e ecolóxicos, cultivados ou elaborados por pequenos produtores da nosa comunidade.
· A mellora do medio ambiente no que vivimos.
· O comercio xusto.
A charla terá lugar o martes día 9 na aula de música, ás 16:00.
Un saúdo
Un saúdo
María C. - Coordinadora do Equipo de Natureza.
Etiquetas:
As familias e a escola,
Avisos,
Curso 2012-2013
4 de abr. de 2013
Agora damos conferencias
Na clase de segundo imos aprender cousas das profesións. Juan foi o primeiro en explicarnos que é un marino mercante:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas