25 de out. de 2018

Poesía no Día das Bibliotecas

As nenas e nenos de 1º recitaron esta poesía de Concha Blanco ao alumnado de 6º no Día das Bibliotecas e fixérono así de ben.

Día das Bibliotecas Escolares

Onte o alumnado de 1º e 6º de primaria celebramos conxuntamente o "Día das Bibliotecas Escolares".
Recitamos fermosos poemas e escollemos compañeiros e compañeiras para gozar coas lecturas nas vindeiras semanas.





22 de out. de 2018

Baile do avestruz

Hoxe en clase de música bailamos a canción da avestruz. Somos uns bailaríns!!!E ademais cantamos fenomenal... É unha cantiga de Susa Herrera que aparece no seu libro "En Cabárceno se oye cantar"

15 de out. de 2018

1º recita "A pombiña branca"

Nas primeiras semanas de curso as nenas e nenos de 1º memorizaron un poema de Gloria Sánchez titulado "A pombiña branca".
Gustoulles moito e foron á clase dos canciños a recitarllo.
Mirade que ben lles quedou!

11 de out. de 2018

Xa sabemos atar os cordóns

As nenas e nenos de 1º estiveron practicando moito coas familias para ser capaces de atar os cordóns. 
Fixeron no colexio unhas boas demostracións e aquí están as probas:











9 de out. de 2018

O CLUB DE TAEKWONDO HEBE VISITA O COLE

Os nenos e nenas de 2º e 4º curso de primaria asistiron, na sesión de Educación Física, a unha charla e sesión práctica que o Club de Taekwondo Hebe deu no noso cole, contemplada dentro do programa promovido pola Xunta de Galicia chamado Xogade.
Gustoulles moito!


Primeiros días de cole

Os nenos e as nenas de segundo empezamos o curso aproveitando o bo tempo que nos acompaña para ler fóra.


8 de out. de 2018

SAÚDO DOS NENOS E NENAS DE 2º CURSO

Pinchando nos iconos de cores que ten a árbore, veredes e escoitaredes o saúdos dos nenos e nenas de 2º curso.


SAÚDO DA AULA DE 1º CURSO

Estos son os nenos e nenas da aula de 1º curso. Se pinchades no icono que ten cada número, veredes as súas imaxes.


As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas