O ALUMNADO DE PRIMEIRO CICLO FIXEMOS UNHA SAÍDA Á CONTORNA.
ADEMAIS, APROVEITAMOS PARA VISITAR A EXPOSICIÓN DA PRAZA DE ABASTOS "ARTELLANDO", ONDE NOS CONVERTEMOS EN RATIÑOS.
PASÁMOLO XENIAL!
O ALUMNADO DE PRIMEIRO CICLO FIXEMOS UNHA SAÍDA Á CONTORNA.
ADEMAIS, APROVEITAMOS PARA VISITAR A EXPOSICIÓN DA PRAZA DE ABASTOS "ARTELLANDO", ONDE NOS CONVERTEMOS EN RATIÑOS.
PASÁMOLO XENIAL!
O pasado martes, o alumnado de 1º de Primaria viviu unha experiencia moi especial: fixemos unha saída didáctica á praza de abastos da nosa localidade. E... que ben o pasamos!
Acompañados polo profesorado, comezamos a xornada camiñando xuntos, observando con atención todo o que nos rodeaba.
Tivemos a sorte de ver de preto unha gran variedade de peixes: douradas, sardiñas, unha estrela de mar, e mesmo unha centola! Aprendemos os seus nomes e as súas características. Tamén descubrimos algúns aparellos de pesca, como as nasas, e falamos da importancia do mar para a nosa comunidade.
Nos postos de froita e verdura puidemos identificar moitos alimentos que xa coñeciamos e outros novos. Observamos as cores, as texturas e aproveitamos para falar da alimentación saudable.
E, por suposto, despois de tanta emoción, rematamos a mañá xogando no parque.
Foi unha xornada moi enriquecedora, na que aprendemos moito sobre a nosa contorna máis próxima dunha maneira vivencial e divertida.
🎥 Deixámosvos un vídeo resumo con algúns dos mellores momentos desta saída. Agardamos que vos guste tanto coma a nós!
O alumnado de primeiro e segundo de primaria puido desfrutar dunha marabillosa xornada coñecendo Cabo Udra. Visitaron a aula da natureza, pasearon polos sendeiros e xogaron na praia.
Velaquí vos deixamos un pequeno resumo:
Este é o vídeo da andaina xunto ao río Rialdarca. Tamén fomos á Xunqueira e xogamos no parque. Aproveitamos e aprendemos algunha cousiña: recoñecemos árbores e algunhas plantas silvestres e diferenciamos especies autóctonas de invasoras. E, sobre todo, pasamos un tempiño agradable xuntos. Así da gusto comezar o curso e recibir o outono!
O mércores, visitamos o Museo do Mar. Puidemos coñecer moitos animais mariños. Vimos o acuario, e mesmo o esquelete dun cachalote! E aínda quedou un tempiño para xogar na praia.
O venres fomos de excursión para visitar o Mercado. Foi unha actividade organizada polo Concello dentro do programa Aprende Moaña. Ademais, xogamos no parque do barco pirata e merendamos por alí. Pasámolo moi ben!
Onte estivemos en Vigo.
Puidemos ver cómo era o Concello e paseamos polas súas rúas. Xa estaban colocadas as luces e estaban colocando os adornos de Nadal. Vimos un precioso carrusel e músicos tocando na rúa.
O museo MARCO está nun edificio moi bonito e a exposición de Din Matamoro " A mirada acesa" está chea de luz e cor.
Tamén participamos nun obradoira moi chulo no que traballamos coas cores.
Pasámolo pipa!
Para rematar o curso, gozar do bo tempo o alumnado de primeiro curso, xunto co de primeiro, fixo unha saída á praia de Liméns.
Aprendemos a gozar da natureza, fixemos deporte e demostramos que cada día somos máis conscientes e capaces de coidar a natureza pois estivemos moi atentos e atentas a todo o lixo que había (e recollémolo!).
Velaquí un pequeno vídeo resumo da xornada:
Ola, aquí vos deixamos unha pequena mostra da saída que fixemos a clase de 1º á praia do Con, coas profes Elisa e Inés.
Foi unha xornada fantástica na que puidemos disfrutar do xogo ao aire libre con toda a praia para nós.
De volta puidemos visitar a clínica veterinaria onde curaron ao gatiño que atopamos no colexio. Tamén nos atopamos coa mascota de Naima.
Pasámolo fenomenal!