29 de feb. de 2024

Cociñando con Elena

 Gústanos moito cociñar en primeiro.

No entroido cociñamos con Elena, unha avoa moi colaboradora que nos axudou a facer orellas


23 de feb. de 2024

HAPPY AT HOME!

 Os alumnos de segundo durante este segundo trimestre están inmersos no aprendizaxe en inglés das partes dunha casa. 

Polo que estiveron facendo un proxecto chamado: Happy at Home

O primeiro que tiveron que facer foi organizarse por grupos de traballo cooperativo tendo cada un deles un rol dentro do seu equipo. 

Segundo fixemos o diseño das partes da casa: KITCHEN - BEDROOM - BATHROOM - LIVING ROOM, para rematar facendo un mural. 

Unha vez rematado ese paso fixemos un Brain Storming coas partes en castelan que coñecemos da casa para buscalas no diccionario CAMBRIDGE e saber como escríbese en inglés. 



Como colofón final escribiremos as novas palabras aprendidas coa axuda da impresora 3D polo que antes tivemos que repartir cada unha delas para saber cal vamos escribir. 







Esperamos polo resultado final con moitas ganas!!!


21 de feb. de 2024

Impresión 3D na aula de 1°

 Que traballo tan fermoso fixo o alumnado de 1º coa impresora 3D. Imprimiron o seu nome e fixeron un chaveiro con el.  Deseñaron nun papel un recadro coas medidas que querían que tivese o seu nome, escribiron no programa Tinkercad poñendo as medidas que tiña que ter o nome e, posteriormente, pasaron á impresora para ver o resultado do que diseñaron.

Cando xa estiveron todos os nomes impresos, foron pola biblioteca a recollelos para levalos para casa. 

Parabéns por este marabilloso traballo!






16 de feb. de 2024

Coplas de 1º e 2º

 

14 de feb. de 2024

Xoves de entroido


 En pixama ou camisón

En quintela molamos mogollón.




9 de feb. de 2024

Venres de entroido

 A choiva non nos deixou

pór na rúa os pés

así que nós decidimos

vestirnos do revés.



8 de feb. de 2024

O Entroido tradicional de Meira

A semana pasada tivemos a sorte de recibir de novo a Manolo Cobas, bailador e mestre de baile en varias asociacións, entre elas Meiramar. 
Coma tódolos anos o alumnado de 5º de primaria é o afortunado de coñecer da man de Manolo como era o Entroido Tradicional de Meira.
Posteriormente todo o alumnado de primaria gozou de poder ver bailar a cinco nenas e nenos do colexio da man do seu mestre, Manolo.

 

O mandado de Paco

 O mércores non se discute,

ven do que máis che guste!



7 de feb. de 2024

Mércores de entroido

 Paco foi moi claro 

O que vos faga ilusión 

Se queredes podes 

engalanarvos para a ocasión.

 

6 de feb. de 2024

Madamas e galáns

 Manolo Cobas, bailador e mestre de baile en distintos grupos, entre eles Meiramar Axóuxeres, compartiu connosco unha animada xornada.



da xornada para acercarnos ao Entroido Tradiocional de Meira

Martes de entroido



 No día de hoxe tocaba

elixir  unha profesión:

deseñadoras, cociñeiras...

ocurríronsenos mogollón¡

Que más da pintores ou policías,

na clase de segundo 

entroidamos con alegría.

5 de feb. de 2024

Luns de entroido e rima relacionada coa recollida de alimentos

Pacou meco pediu
que todos viñeramos con mandil
e nós, á xente do banco de alimentos
 convidamos a vir.

Conservas, leite, pasta...
nós queriamos colaborar
225Kg de comidiña
fomos quen de xuntar!








2 de feb. de 2024

2° aprende xadrez e tamén fai retos con Scratch

 O alumnado de segundo enfréntase a distintos retos na programación con Scratch Jr. Xa teñen moi traballada a competencia dixital, así como o pensamento computacional e a linguaxe de programación.

Tamén están moi i teresados en aprender a xogar ao Xadrez! 

Son moi curiosos e curiosas nesta aula!





As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas