Os alumnos de segundo durante este segundo trimestre están inmersos no aprendizaxe en inglés das partes dunha casa.
Polo que estiveron facendo un proxecto chamado: Happy at Home
O primeiro que tiveron que facer foi organizarse por grupos de traballo cooperativo tendo cada un deles un rol dentro do seu equipo.
Segundo fixemos o diseño das partes da casa: KITCHEN - BEDROOM - BATHROOM - LIVING ROOM, para rematar facendo un mural.
Unha vez rematado ese paso fixemos un Brain Storming coas partes en castelan que coñecemos da casa para buscalas no diccionario CAMBRIDGE e saber como escríbese en inglés.
Como colofón final escribiremos as novas palabras aprendidas coa axuda da impresora 3D polo que antes tivemos que repartir cada unha delas para saber cal vamos escribir.
Esperamos polo resultado final con moitas ganas!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios