28 de maio de 2012

Debuxamos animais

Os nenos e nenas de 1º debuxaron algúns dos animais que estamos estudando.

Xa somos 16

Esta semana estivemos moi ocupados na clase de 1º. Temos unha nova compañeira, que se chama Sabina. Ela ven de outro pais, e entre todos lle axudamos a aprender  o noso idioma.Aprende moi rápido!
Estamos un pouco nerviosos e moi contentos de ter unha nova amiga.

24 de maio de 2012

Festa en Moaña

O 14 de maio participamos na festa do Correlingua, que se celebrou por primeira vez en Moaña. Asistimos a un concerto de grupo Pesdelán, organizado polos equipos de Dinamización Lingüística en colaboración coa Federación de ANPAS de Moaña e a Comunidade de montes de Domaio. Foi unha xornada moi divertida.Non paramos de mover o esqueleto.

O mes da poesía na clase de Primeiro

Na clase de Primeiro, nos mes da Poesía, aprendemos poemas de animais:
"El lagarto y la lagarta" de Federico García Lorca, " O meu gato é un poeta", de Fran Alonso, e "O rato e a lúa" de Antonio García Teijeiro.

20 de maio de 2012

Que che gustaría ser?

Aquí están os nenos e nenas de primeiro, contándolles un conto aos nenos e nenas de Infantil do noso cole:

9 de maio de 2012

Unha biblioteca de aula especial

Neste mes do libro temos na clase unha biblioteca feita por nós.Cada un trouxo os seus libros favoritos e compartímolos entre todos e todas. Cantos libros temos..........

Silvia nos fala dos cans

A Silvia gustanlle moito os cans. Esto é o que nos ensinou:

8 de maio de 2012

Gústame o chocolate

Rubén trouxo a mochila viaxeira,...e un agasallo.
Gustoulle o conto da mochila "Gústame o chocolate", e quería saber de que maneira comemos o chocolate os compañeiros e as profes,..
.Por iso trouxo bombóns, e co libro diante miramos cal era o noso estilo:
 Había estilo "derretido", "con repetición", "can sen dono", "catapulta"...Creo que houbo representantes de todos os estilos.

Sapo e Sepo

Xoga con esta actividade realizada na Biblioteca escolar CEIP Agro do Muiño
Sapo e Sepo

Letras galegas 2012

Este ano, o día das Letras Galegas dedícase a Valentín Paz Andrade. Aquí temos unhas actividades para aprender moito sobre él.








7 de maio de 2012

Conto do mes da Abril

Os nenos e nenas de Primeiro escolleron o seu libro do mes da Abril. 
Esta vez había moitos contos para escoller, porque este mes contamos moitos!! 
Ademais foi a primeira vez que fixemos unha elección "secreta". Cada un escribiu no seu cadernos o título do libro, e o motivos da súa elección.
O libro escollido foi Zog, que é de Julia Donaldson e Axel Scheffler. Pero si o queredes vai ser difícil de atopar, porque está en inglés.
Este é o conto que nos veu contar Rosa, a mamá de Mar.
Queremos que veña a contarnos máis contos!!!

Lara e as xirafas

Lara contounos moitas cousas das xirafas:

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas