27 de feb. de 2018
Día de Rosalía
O alumnado de 6º de Infantil e 1º de Primaria conmemorou o día de Rosalía recitanto o seu poema "Cando era tempo de inverno" .
Campaña de matrícula para o curso 2018-2019
SOLICITUDE
DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2018-2019
1 AO 20 DE MARZO
A
solicitude de admisión é para:
· O
alumnado que vaia cursar o vindeiro curso 4º de E. Infantil ( nados no ano
2015)
· Aquel
alumnado que queira cursar estudos no noso centro no curso 18/19 (traslado de
domicilio, cambio de centro,…)
O
alumnado que reservou praza (os nenos e nenas que veñen da EEI de O Con) non
teñen que facer solicitude de admisión, a non ser que non houbera praza para
todos/as.
Como
se fai a solicitude de admisión:
Deberán presentar:
1. Cubrir
a solicitude ED550B que poderán recoller na secretaría
do noso centro. Debe asinala pai, nai ou titor/a legal. En caso de
divorcio, os dous proxenitores. En caso de custodia única, quen teña a patria
potestade.
o Tamén
poden cumprimentar a solicitude eles mesmos na aplicación http://www.edu.xunta.es/admisión
alumnado e traernos o código da solicitude que deberán imprimir.
o Outra
opción é descargar a solicitude( ED550B)
en sede electrónica da xunta e traela cuberta.
2. Fotocopia
do DNI da persoa solicitante
3. Fotocopia
de documento acreditativo da idade do alumno/ao (DNI ou libro de familia )
4. Certificado
do anterior centro onde cursou estudos , si é o caso.
5. En
caso de separación ou divorcio, convenio regulador do mesmo.
O alumnado que cursa estudos
no noso centro NON ten que facer reserva de praza.
Postos
ofertados en Educación Infantil:
CURSO
|
4º Infantil
|
5º Infantil
|
6º Infantil
|
PRAZAS
|
22+3 NEE
|
2
|
11
|
Postos
ofertados en Educación Primaria:
CURSO
|
1º Primaria
|
2º Primaria
|
3º Primaria
|
4º Primaria
|
5º Primaria
|
6º Primaria
|
PRAZAS
|
3+3 NEE
|
3
|
2
|
1
|
7
|
2
|
·
Etiquetas:
Avisos,
Curso 2017-2018
Día da árbore na Cruz da Maceira
A clase de segundo e a de terceiro de Primaria celebraron o día da árbore no monte da Cruz da Maceira. Foi unha actividade organizada polo Concello de Moaña no programa "Aprende Moaña", en colaboración coas Comunidades de Montes de Moaña.
Etiquetas:
2º de Primaria,
Aprende Moaña,
Curso 2017-2018,
Voz Natura
26 de feb. de 2018
CHATTERKID NA AULA DE 1º CURSO
O alumnado de 1º estivo a traballar coa aplicación para Ipad chamada Chatterkid. O que fixeron foi elexir un elemento atmosférico, poñerlle boca e gravar o son. Quedoulles moi chulo!
Mirade!!!
20 de feb. de 2018
QUIVERVISION NA AULA DE 2º CURSO
MOITO GUSTA ISTO DE COLOREAR DEBUXOS E FACERLLES MAXIA COS IPADS.
MIRADE QUE DOMINIO TEÑEN OS NENOS E NENAS DE 2º DE PRIMARIA, NESTA MONTAXE FEITA POR HELENA, GUILLE E TOMÁS (6º CURSO).
MIRADE QUE DOMINIO TEÑEN OS NENOS E NENAS DE 2º DE PRIMARIA, NESTA MONTAXE FEITA POR HELENA, GUILLE E TOMÁS (6º CURSO).
13 de feb. de 2018
COPLAS DO ENTROIDO
AQUÍ TEDES AS COPLAS QUE CANTARON OS NENOS E NENAS DE PRIMEIRO E DE SEGUNDO CURSO.
Etiquetas:
1º de Primaria,
2º de Primaria,
Celebracións: O Entroido,
Curso 2017-2018
6 de feb. de 2018
Un arquitecto en segundo
Falando dos diferentes traballos na clase de segundo descubrimos que necesitabamos coñecer un pouco mellor o traballo dos arquitectos e arquitectas. Invitamos a Rodri e explicounos marabillosamente como era o seu traballo:
Moitísimas Grazas Rodri!!!
Moitísimas Grazas Rodri!!!
5 de feb. de 2018
Poemas de paz
Na clase de segundo recitamos o poema "O neno e o xabarín" no Día da Paz a todos os cursos do cole:
me>
1º TRABALLA CO CHATTERKID NO IPAD
Aproveitando o tema da estación metereolóxica e o tempo, os nenos e nenas de 1º curso están a pintar un debuxo ao que lle poñen boca e voz coa aplicación ChatterKid.
Están quedando moi ben....
Deixámosvos unha montaxe feita por Iago (4º curso de primaria).
Están quedando moi ben....
Deixámosvos unha montaxe feita por Iago (4º curso de primaria).
1 de feb. de 2018
Visita ao parque de bombeiros
A clase de primeiro de primaria foi visitar o parque de bombeiros. Unha idea xenial posto que Paco nos pedira que investigáramos sobre este profesión.
Velaquí as fotos da nosa saída:
Velaquí as fotos da nosa saída:
Etiquetas:
1º de Primaria,
Aprender a aprender,
Curso 2017-2018
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas